Control rigoroso.-
Os populares tamén anunciaron que fiscalizarán e velarán polo cumprimento "exacto e fidedigno da función que ten este fondo". García Díez puntualizou que o Grupo Municipal Popular de Lugo colaborará con chamamento do Goberno da Nación e fará un control rigoroso para que a confianza que se deposita no equipo de Orozco non se crebe.
En canto ao capítulo de críticas os populares ligan estes fondos ao descontento que provocou nas administracións locais a rebaixa que Zapatero anunciou nos Orzamentos Xerais do Estado de 2009.
Resultados contraproducentes.-
O portavoz popular tamén criticou o empeño do Alcalde de Lugo de incluír nos orzamentos municipais de 2009 obras ligadas ás achegas que se supón que farán a Xunta e o Estado.
"O seu afán de vender o maior número de obras sen asegurar o seu financiamento recorta agora posibilidades de incluír neste paquete que se nos brinda algunhas infraestruturas necesarias".
As obras que se incluíron nos orzamentos municipais para 2009 non se poden financiar co diñeiro que se recibirá agora. Se o Alcalde fixese uns orzamentos realistas, agora podería utilizar ese diñeiro para completar as obras.
As propostas do Partido Popular.-
Tráfico e seguridade viaria.-
Eliminación de puntos negros e sinalización de cruces perigosos, como os da rúa Manuel María con santo Graal e Mar Cantábrico, ou o de Montero Ríos con Miguel de Cervantes.
Accesibilidade.-
Impulsar os accesos para discapacitados na Muralla que propón auxilia.
Ascensor que comunique Fontiñas con Ramón Montenegro.
Obras.-
O Grupo Municipal Popular comparte a proposta do equipo de goberno de que se acometan reformas tanto no Concello da Praza Maior como no Edificio do Seminario.
Reformar e "pór ao día" o vello pavillón dos deportes.
Cubrir pistas de tenis do Pombal e Frigsa.
Servizos Sociais.-
Completar a rede de escolas infantís .
Mobilidade sostible urbana.-
Pór en marcha un servizo de microbuses eléctricos que circulen polo centro e un intercambiador na Rolda da Muralla.
Medio Ambiente.-
Unificar e completar o cinto verde da cidade con sinalización, mobiliario e tratamento uniforme dos parques do Miño, Intre e o paseo ata Ombreiro.