O Grupo Municipal Popular presentou un rogo para que o equipo de goberno inste ás autoridades electorais a revisar o mapa de localizacións das mesas electorais para futuras convocatorias.
Hai casos no municipio, como o do barrio da Cheda, en que teñen que desprazarse ata as naves do Pombal para exercer o seu dereito a voto. Esta iniciativa dos populares presentouse por mor dunha petición veciñal, na que se puña de manifesto a falta de condicións adecuadas do local, e a distancia que existe coas casas dos lucenses que teñen que votar nesta mesa. Os veciños propón locais alternativos situados na zona.