-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular denuncia que o Bipartito da Xunta non investiu nin un só euro en infraestruturas deportivas na cidade de Lugo

 
 
11/12/2008
deportes
 
  • Enrique Rozas: "A única cantidade que recibiu a nosa cidade da Consellería de Cultura e Deportes que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo foi de 400.000 euros que quedaron aprobados da época na que gobernaba o PP".
  • O compromiso público que fixo o Bigobierno galego da ampliación da piscina climatizada da Milagrosa non se cumpriu.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular denuncia que nos últimos catro anos o Goberno galego presidido polo señor Touriño, e tendo a responsabilidade da área de Deportes a nacionalista Ánxela Bugallo, non investiu nin un só euro dos seus orzamentos en infraestruturas deportivas tanto en melloras, como en novas construcións na cidade Lugo.

O concelleiro popular indicou que o único investimento realizado na nosa cidade nestes catro anos foi de 400.000 euros, cantidade que quedou asinada polo Goberno galego na época na que gobernaba o PP, e era Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Telle. Estes 400.000 euros, dedicados nun principio para a remodelación e melloras do pavillón municipal de Deportes de Lugo, foron destinados "con bo criterio" polo concelleiro de Deportes o señor Grandío, para o arranxo do campo de fútbol da Polvoreira, que era unha obra prioritaria debido o seu estado de deterioración.

 
       
 

A falta de compromiso coa nosa cidade chegou a tal extremo, que o anuncio público que se fixo desde a Consellería da señora Bugallo, efectuado no verán do 2006, onde se comprometía sacar a concurso o segundo vaso da piscina climatizada de Frigsa, nunca se chegou a cristalizar e ese diñeiro non chegou a Lugo, tendo que asumir devandita ampliación o Concello de Lugo, debido á gran demanda que en materia de cursos de natación ten a nosa cidade.

Foto

 
       
 

Outros anuncios que non se materializaron de investimento en infraestruturas deportivas na nosa cidade foron a da construción da bancada sur do Anxo Carro, a da Casa do Deporte (baixo este chanzo), e a piscina de Abella.

Para o Grupo Municipal Popular é inadmisible que unha capital de provincia como Lugo, con máis de 96.000 habitantes quede esquecida polo Goberno galego, e pide que se resarza a Lugo do abandono que en materia de infraestruturas deportivas sofre por parte da Consellería que dirixe a señora Bugallo.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo