| |

         
|
|
| |
Alegacións ás Ordenanzas Fiscais 2009: O Grupo Municipal Popular solicita maior sensibilidade cos colectivos con dificultades derivadas da crise económica, como os xubilados
|
|
| |
10/12/2008 |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular presentou alegacións ás ordenanzas fiscais para o ano 2009. Para os populares non é de recibo que na situación de crise actual obríguese aos veciños de Lugo a pagar as tarifas de consumos mínimos na subministración de auga. Estes mínimos consumos prexudican ás familias de menos membros, entre as que se atopan as parellas de xubilados, a parellas novas ou a persoas que viven soas no Concello, xa que se lles tarifica un mínimo que normalmente non consomen. Xa que logo solicítase ao Goberno socialista maior sensibilidade neste asunto, e que se axilice dunha vez por todas as adaptacións necesarias para que sexa posible este cambio.
|
|
| |
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular recorda que esta alegación xa se presentou en anos anteriores e dilátase o abordar esta modificación da ordenanza e xa non é xustificable recibir unha vez máis escusas de mal pagador.
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Igualmente, o Grupo Municipal Popular solicita modificacións das entradas a museos. Os populares consideran que a contía é excesiva e podería contribuír a unha redución do número de visitantes, co que os ingresos esperados por este concepto serían menores aos estimados. Tamén os populares propón a gratuidade na entrada aos catro museos da cidade para os xubilados.
Outras modificacións serían a redución do tipo no imposto municipal sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (coñecido popularmente como ?plusvalía?), do 27% ou 28% ao 17%.
Para rematar pídese a redución das tarifas por diversas reparacións no cemiterio municipal.
|
|
|
|