| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide a reposición inmediata das árbores eliminadas por accidentes ou enfermidades
|
|
| |
09/12/2008 |
|
|
| |
-
Teresa Taboada lamenta o desinterese do equipo de Orozco por manter en bo estado o arboledo da cidade.
-
O contrato de mantemento de parques e xardíns especifica a reposición do arboledo nun prazo de dous meses, o que actualmente se incumpre notoriamente.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular levará ao próximo Pleno da Corporación municipal un rogo polo que se pide ao Goberno Local que repoña, no menor tempo posible, o arboledo retirado ou eliminado na cidade de Lugo.
Nos últimos anos na cidade de Lugo están desaparecendo numerosas árbores sen que se proceda á súa reposición. Sen entrar nas motivacións polas que desaparece o arboledo, xa que en moitos casos débese a deterioración dos exemplares, enfermidade ou ata accidentes perfectamente explicables, o Partido Popular considera que o Concello de Lugo non está procedendo a repolos coa axilidade precisa.
|
|
| |
|
|
|
| |
A concelleira popular, Teresa Taboada, fixo un varrido polo centro urbano detectando a falta de numerosas árbores en diferentes puntos da cidade. A edila considera que "a falta de control do equipo de Orozco" tradúcese na diminución do número de árbores no centro urbano. "O Concello non se preocupa de repor as árbores que se retiran, e quedan vacios ocos perfectamente acondicionados para plantar árbores novas e robustos".
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
A concelleira contabilizou máis de medio centenar de árbores na cidade, aínda que aclarou que "non se trata dunha listaxe exhaustiva, senón de exemplos, xa que hai lugares onde se retiraron un ou dúas árbores e chama menos a atención".
Árbores eliminadas:
15 na Carballeira
7 en Doutor Portela
6 en Rodríguez Mourelo
Outras zonas afectadas: Rúa dás Fontes, Bispo Aguirre, Parque da Milagrosa, Fontiñas, Ramón Ferreiro...
|
|
|
|