| |

         
|
|
| |
O PP denuncia que Fomento incumpre os compromisos adquiridos por Magdalena Álvarez no Congreso respecto ao tren entre Lugo e Madrid |
|
| |
06/12/2008 |
|
|
| |
-
A Ministra de Fomento anunciou un novo tren hotel para comunicar Lugo con Madrid que ía a "reducir o tempo de viaxe en dúas horas". A duración da viaxe incrementarase en 5 minutos.
-
O Partido Popular esixe que RENFE rectifique respecto da supresión de paradas na Provincia, xa que se eliminan dúas en Lugo (Guitiriz e San Clodio Quiroga).
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Partido Popular anunciou a petición de comparecencia urxente no Congreso dos Deputados do presidente de RENFE, tras coñecer a través dos medios de comunicación a próxima entrada en funcionamento do Tren Hotel que substituirá ao Estrela que actualmente cobre, de forma deficiente, os servizos ferroviarios que permiten aos lucenses desprazarse a Madrid. O plan previsto para o novo tren elimina 9 paradas no total do percorrido, dous delas na provincia de Lugo: Guitiriz e San Clodio Quiroga.
Para Joaquín García Díez é inadmisible que se proceda a eliminar unha parada no Concello de Guitiriz, que ofrece unha importante oferta de turismo termal á que beneficiaría enormemente o acceso directo desde Madrid e outros lugares de España, e outra nunha comarca tan castigada durante estes anos polo problema das louseiras suprimindo a parada de San Clodio Quiroga. Ademais, todos os veciños destas zonas veranse prexudicados tendo que buscar unha forma de desprazamento para chegar á estación de tren máis próxima en que si faga parada o tren "o que é absurdo tendo a estación diante das súas casas".
|
|
| |
|
|
|
| |
Por outra banda, para o deputado lucense, de confirmarse que os tempos da viaxe non se reducen senón que aumentan uns minutos, pon de manifesto un novo engano por parte da Ministra de Fomento aos galegos: "O Tren Estrela neste ano imos substituílo por un Tren Hotel, ademais diúrno, e ademais imos reducir o tempo de viaxe en dúas horas, neste mesmo ano". Con estas palabras a Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, respondía o pasado 24 de setembro a unha pregunta do Deputado do Partido Popular por Lugo, Joaquín García Díez, respecto dos servizos ferroviarios na provincia.
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Ademais da confusión da Ministra respecto de que o tren sería diúrno, xa que seguirá facendo o percorrido de noite, o servizo non só non mellora en canto a tempos e paradas, senón que empeora. Das dúas horas que a Ministra anunciou que se recortaría no percorrido pasamos a tardar cinco minutos máis, tanto á ida (o tren sae de Lugo actualmente ás 23:07 e chega a Madrid ás 8:00; coa modificación sairá ás 23:08 e chegará ás 8:05) como á volta (sae de Madrid ás 22:10 e chega a Lugo ás 6:40; e proximamente sairá ás 22:30 e chegará ás 7:06). Datos facilitados pola web oficial de RENFE (www.renfe.es).
García Díez recordou as palabras de Magdalena Álvarez, polo que ademais da petición de comparecencia do presidente de RENFE non descarta interpelar novamente á Ministra de Fomento para que ratifique ou rectifique as súas declaracións, realizadas o pasado 24 de setembro no hemiciclo do Congreso dos Deputados. "Ou pide perdón polo seu engano ou, o que sería mellor para Lugo, ponse un tren que realmente reduza a duración da viaxe, pero non estamos dispostos a que se amenta aos lucenses nin a soportar durante máis tempo os servizos terceiromundistas de RENFE en Lugo".
|
|
|
|