| |
O Grupo Municipal Popular recolleu esta mañá as principais queixas das deficiencias do barrio de San Xillao |
|
| |
02/12/2008 |
|
|
| |
-
Os populares aproveitaron esta visita de barrio para pedir a Orozco que entregue á oposición, antes do xoves, a documentación do Plan Xeral.
-
"Tanto en Rei Don García como en rúa dous campos o PP fixo propostas alternativas para evitar a afectación de numerosas vivendas, e aínda non se sabe si o documento final recolle as modificacións".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A visita do Grupo Popular ao barrio de San Xillao permitiu aos concelleiros recibir de primeira man as necesidades da zona. Entre as peticións que lles trasladaron aos concelleiros figura a demanda de eliminar un tapón situado á altura do centro de ASPNAIS. Trátase dunha zona de bastante tránsito (xa que ademais dos residentes, esta rúa é zona de paso de alumnos do Instituto de Sanxillao) e prodúcense continuamente situacións de risco para os peóns que invaden a calzada porque non teñen beirarrúas para pasar.
|
|
| |
|
|
|
| |
Os veciños tamén reclaman a colocación dunha varanda na escaleira que comunica San Xillao con Rei Don García; outras queixas das que tomaron nota tiñan que ver coa maleza que crece en leiras que hai na zona, algunhas sen peche.
Aos concelleiros populares tamén lles chamou a atención a nula actividade na gardería "que segundo os veciños ten as súas obras paradas desde fai dous meses".
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
Plan xeral.-
Ademais de tomar nota destas deficiencias os populares aproveitaron esta visita para recordar aos veciños de San Xillao algunhas das propostas que o Grupo Popular fixo para corrixir o Plan Xeral e evitar a afectación de edificacións no barrio. O portavoz popular, explicou que esperaba ter noticias do documento do Plan Xeral "se o Alcalde quéreo levar a Pleno o próximo 19 de decembro, esta semana debe entregarnos a documentación".
|
|
| |
Nese sentido explicou que para San Xillao loitouse moito para conseguir salvar dunha afectación segura a preto de 40 edificios situados na marxe esquerda da rúa Rei Don García (os números impares) ata Pintor Laxeiro. O PP propuxo pechar as traseiras dos edificios de Rei Don García cun edificio na esquina do camiño de San Xillao co que se evita facer o peche de mazá inicial que afectaría a todas as vivendas que teñan fachadas exteriores á parte posterior. |
|
|
| |
|
A marxe esquerda da rúa dos Agros quedaba afectado por un futuro viario e grazas a intervención do PP o equipo de goberno comprometeuse a salvar estas vivendas. |
|
| |
|
|
|