-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica que o Goberno estea máis preocupado en desacreditar ao BNG que en resolver o problema da web sobre prostitución

 
 
28/11/2008
bienestar
 
  • Sofía López: "O Goberno asume indirectamente o erro ao comprometerse a facer un regulamento para controlar a cesión de espazos do CEI".
 
barra
           
 

Tras as declaracións da representante do Equipo de Goberno socialista na comisión de Servizos Sociais, que se celebrou de xeito urxente esta mañá, confírmase "a falta de control das actividades que levan a cabo no viveiro municipal".

A reunión desta mañá foi convocada pola súa presidenta, a popular Sofía López, quen lamentou que os socialistas só comparezan "forzados" pola oposición. Na súa opinión, "no mesmo momento no que o caso saíu á luz requiríanse unhas explicacións, claras e urxentes, xa que é preocupante a imaxe que se dá a opinión pública da institución que representamos".

O Partido Popular non xulga a ninguén, pero considera que o Concello ten mecanismos suficientes para controlar "as actividades que se desenvolven no viveiro de empresas e que gástase o diñeiro público do CEI".

 
 

A presidenta da comisión mostrou a súa desagrado porque, unha vez máis, reduciuse o tema a un novo desencontro entre dous partidos que gobernan en Galicia, e que en Lugo asistimos ao feito de que "cando o BNG denuncia o caso, o portavoz socialista no canto de asumir responsabilidades parece máis preocupado por rebotar o problema á Consellería de Industria".

Foto

 
 

O PP insistiu na comisión en que, dentro do regulamento que se está elaborando, debería figurar "aínda que sexa a touro pasado" unha cláusula específica que limite as actividades que atenten contra a dignidade das persoas, ou os principios de igualdade e tolerancia.

Sofía López recordou que casos como este tiran pola borda o traballo e o diñeiro que se gasta para elaborar plans de igualdade. No Concello de Lugo tan só na publicación e deseño de 1500 exemplares do Plan de Igualdade investíronse 6.399,72 euros. A edila popular preguntará se algún destes exemplares chegou ás mans das empresas do CEI.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo