-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Goberno Local sobresalta aos lucenses e prexudica aos negocios da cidade cunha falsa alarma sobre un corte de auga de 14 horas que non tivo lugar

 
 
27/11/2008
grupo municipal
 
  • Xa sexa por falta de planificación ou por un exceso de alarmismo, causouse unha innecesaria alarma entre a cidadanía.
  • Tras anunciar que a práctica totalidade da cidade estaría sen auga durante 14 horas os cidadáns sorprendéronse ao ter un servizo normal salvo contadas excepcións.
  • Algúns comerciantes lucenses optaron por non abrir os seus negocios ao ser indispensable a auga corrente.
 
barra
           
       
 

Xa sexa por falta de planificación ou por un exceso de alarmismo, o Goberno Local causou unha innecesaria alarma entre a cidadanía ao anunciar que se cortaría a subministración de auga na práctica totalidade da cidade durante 14 horas, desde as 6 da mañá de hoxe xoves. A sorpresa dos lucenses foi maiúscula cando durante toda a xornada de hoxe, e salvo contadas excepcións, a subministración operou con total normalidade.

Foto

 
 

Con todo, o anuncio tivo consecuencias sobre moitos negocios da cidade, algún dos cales directamente optou por non abrir as súas portas, ao ser a auga corrente necesaria para a súa actividade (caso dalgunhas cafeterías ou barberías, que viron anuladas gran cantidade de reservas). O Grupo Municipal Popular pregunta ao Equipo de Goberno que lles dirá a eses empresarios que pecharon os seus negocios e viron como a auga non se interrompeu en todo o día.

Desde a Asociación de Empresarios de Hostalería emitiuse un comunicado no que se protestaba pola pouca antelación do aviso (só se fixo público con menos dun día de marxe) e por falta de negociación cun colectivo moi afectado polo corte. Desde case todos os colectivos cidadáns e empresariais da cidade preguntábase ao Concello por que non se facía a obra pola noite, como sucede noutras moitas cidades.

Aforro de auga.-

Desde o Grupo Municipal Popular faise constar que a reacción da maior parte dos cidadáns foi "a lóxica ante unha situación deste tipo: encher as bañeiras e acumular auga para utilizar durante o corte", co consecuente aumento no consumo. "É esta a política de aforro de auga do equipo de Orozco?".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo