-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular pregunta a Orozco onde está o documento do PXOM que quere aprobar en decembro

 
 
27/11/2008
urbanismo
 
  • Jaime Castiñeira pregunta pola documentación e advirte que o seu grupo non está disposto "a votar calquera cousa sen unha revisión previa".
  • Desde o mes de xullo o Grupo Municipal Popular non tivo ningún tipo de información sobre as correccións de erros e as conclusións do equipo de técnicos municipais.
  • "É incomprensible que o PSOE, logo de case dez anos elaborando o PXOM, agora racanee os días para supervisar a documentación".
 
barra
           
       
 

O Grupo Municipal Popular afirma que só o Alcalde será responsable do resultado da votación do Pleno en que se debata a aprobación provisional do PXOM. Os populares denuncian que se segue sen facilitar a documentación aos grupos da oposición e advirten que "non estamos dispostos a votar calquera cousa sen unha revisión previa".

Foto

 
 

É impresentable que ata o último minuto Orozco teña secuestrada a información. "É incomprensible que o PSOE, logo de case dez anos elaborando o PXOM, agora racanee os días para supervisar a documentación, sobre todo tratándose dun documento complexo". "Parece que o equipo de Orozco primeiro fixa o Pleno e logo calcula os 15 días exactos para cumprir os prazos acordados e quedar ben de face á galería, ese é o talante de Orozco" lamentábase esta mañá Jaime Castiñeira.

O Grupo Municipal Popular esixirá uns mínimos: "non seremos responsables de que, por falta de información, o noso grupo acuda ao Pleno sen comprobar se as correccións propostas polo Partido Popular e as alegacións dos veciños, recóllense no documento".

O cuño socialista do "estamos niso".-

Para os populares o Plan Xeral é outro exemplo da nefasta xestión do equipo de Orozco. O cuño dos socialistas, "o famoso estamos niso", non serve para solucionar os problemas reais dos veciños. "Co PXOM levan xa case dez anos niso".

Castiñeira defendeu o traballo realizado polo Partido Popular para sacar adiante o Plan Xeral: "Prestamos desde o primeiro momento a nosa colaboración achegando melloras a un plan que nin sequera é o noso". Tamén se intentou "por todos os medios" axilizar a tramitación: "En xullo pedimos crear un grupo de técnicos municipais para supervisar os erros que existían no documento. Tivemos que esperar ata setembro, cando por iniciativa tamén do PP en Pleno, tanto PSOE como BNG apoiaron a idea de constituír este equipo de traballo. Tiñan quince días para presentar unhas conclusións que a día de hoxe seguimos esperando".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo