| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón un plan de recuperación das áreas recreativas do Municipio
|
|
| |
27/11/2008 |
|
|
| |
-
Manuel López pide ao Alcalde que inste ás administracións competentes para que colaboren neste proxecto.
-
Os populares queren que se arromben os espazos dos Lagos de Teixeiro, Outeiro e Conturiz, entre outros.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón que para que o próximo verán estean en "bo estado de funcionamento" as áreas recreativas da contorna de Lugo (Lagos de Teixeiro, Outeiro e Conturiz) o Concello elabore no prazo máximo de seis meses un "Plan de dinamización de zonas recreativas".
|
|
|
| |
O concelleiro popular, Manuel López Fernández, instou a Orozco a que implique neste proxecto, de recuperación e mantenimientto destes espazos, ás administracións competentes, principalmente Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Confederación Hidrográfica.
|
|
| |
Fotos da área dos Lagos de Teixeiro |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
Fotos da área de Outeiro |
|
|
| |
|
|
|
| |
|
|
|
| |
O Plan de dinamización que propón o Partido Popular contemplará como mínimo os seguintes aspectos:
- Estudo en detalle da situación das actuais áreas recreativas e de lecer do municipio de Lugo, tanto as de titularidade municipal como as de competencia doutras administracións.
- Estudo da posibilidade de dotar de prestacións e servizos a devanditas áreas de forma que se poña en valor a contorna e potencien o seu atractivo durante todo o ano, e non só nas épocas de verán.
- Actuacións en materia de comunicación, encamiñadas á instalación de sinalización idónea para permitir que para os lucenses sexa sinxelo localizar os accesos ás zonas recreativas.
Deseño dunha estratexia de transporte público que cubra as necesidades que se consideren convenientes.
|
|
|
|