-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

O Grupo Municipal Popular critica que o Goberno rebaixe 16.000 € para arranxos dos colexios da cidade

 
 
26/11/2008
educacion
 
  • Alicia Pena criticou que un Goberno que presume de investir en persoas faga este recorte.
  • A edila popular presentou un informe coas deficiencias de mantemento dos centros de educación primaria e infantil que dependen do Concello.
 
barra
           
       
 

O Grupo Municipal Popular ve inxustificada a rebaixa da partida que o Concello destinará en 2009 para arranxo e mellora dos Colexios Públicos de Educación Primaria e Infantil. Alicia Pena critica a redución de 16.000 euros (no ano 2008 o plan de investimentos consignaba 291.300 euros, mentres que no ano 2009 redúcese a 275.000 euros) xa que un Goberno que presume de investir en persoas contradise ?diminuíndo a partida que vai destinar neste exercicio para mellorar as condicións dos colexios?.

Foto

 
 

Inspección eléctrica.-

Alicia Pena mostrou a súa satisfacción porque, aínda que sexa fose de prazo (a normativa obrigaba a ter feita esta revisión antes do 18 de setembro) por fin o Concello está realizando a inspección eléctrica. O Partido Popular reclamou en distintas ocasións que o Concello revisase as instalacións dos Colexios Públicos de Lugo. As conclusións revelan que estaban obsoletas, que na práctica totalidade a potencia é escasa para uso de novas tecnoloxías baixándose constantemente os limitadores (por exemplo no Quiroga Ballesteros se se acende a luz do segundo piso apáganse os computadores da planta baixa), falta tomas de terra?

Outra petición xenérica da que se fixo eco Alicia Pena é que para a limpeza do polideportivo cámbiese o sistema do ?baldeo? por un sistema de aspiración para que o recinto póidase utilizar sen ter que esperar a que seque.

 
 
 
 

INFORME DEFICIENCIAS COLEXIOS.-

- Colexio das Mercés:

Proponse un novo acceso ao campo da Polvoreira. O que se solicita é que a entrada actual pola rúa Montirón sexa de uso exclusivo para o centro polo que sería necesario habilitar unha nova entrada, para o público en xeral, a través da rúa Novo Frade.

No consello escolar púxose de manifesto que pola actual entrada, compartida co centro escolar. Ao estar aberta permanentemente facilítase, durante as noites e sobre todo en fin de semana, a celebración do botellón e ata de trapicheo de drogas. Insisten en que hai que subir un metro o valo perimetral.

Tamén solicitan que cumpran a promesa de impermeabilización da parte do teito do patio de Educación Infantil porque entra auga.

- Colexio Rosalía de Castro:

Deterioración da cuberta do patio de educación infantil. Xa antes do verán avisouse ao Concello de que había un buraco que cada vez vai a máis.

Pena explicou que neste centro sofren as consecuencias das pintadas, e tamén reclama que se acabe a obra de asfaltado que rodea o Centro.

- Colexio Quiroga Ballesteros:

No colexio de Quiroga Ballesteros están preocupados pola seguridade no recinto: piden a instalación de proteccións en todo o recinto do patio, para que ninguén poida acceder fose do horario escolar.

Outra demanda do centro pasa pola limpeza de pintadas, que case chegan ao segundo piso e a instalación dun servizo sanitario para educación infantil.

- Colexio Méndez Pelayo:

Solicítase o acondicionamento dun local para utilizalo para o desenvolvemento de actividades, xa que a falta dun espazo propio ven obrigados a utilizar o comedor.

Neste centro tamén reclaman que se repoñan os xogos infantís despois de que retirasen os elementos antigos.

- Colexio das Gándaras:

Cambiar os enreixados tanto da zona infantil e do recinto escolar que están oxidadas e supón un perigo para os nenos.

- Colexio de Nadela:

Os xogos infantís que se colocaron recentemente, son de tan mala calidade, que un deles xa está precintado porque supón un risco para os pequenos xa que se lles caen os parafusos constantemente.
Seguen reclamando unha rede no teito do polideportivo xa que os balóns quedan atrapados nas vigas (agora mesmo hai uns 10) e non se poden recuperar porque non chegan as escaleiras.

Outra demanda para evitar que se arruíne o material é a colocación dun extractor de humidade no cuarto onde este se garda.

- Colexio Luís Pimentel:

Solicitan o peche do recinto escolar que na actualidade está delimitado por un cordón. Tamén solucionar problemas de calefacción no edificio de Educación Infantil. É necesario cambiar un tubo de conexión entre o depósito de gas e a caldeira deste local.

Tamén hai unha petición para que lles coloquen os xogos que comprou o centro para substituir os que quitou o Concello por incumprir a normativa.

- Colexio de Paradai:

Piden a adecuación das caldeiras, o tanque e as instalacións da calefacción á normativa vixente.

Arranxo e limpeza dos lucernarios.

Arranxo das cubertas de Educación Primaria e do local de Conserjería.

Reposición do mobiliario de Educación Infantil.

Pintura no interior de aulas.

Colocación de cortiza en Educación Infantil.

Reposición de papeleiras.

Arranxo do campo de fútbol.

Actualización da antena, e revisión do pararraios.

Colocación plaqueta



- Colexio do Sacro Corazón:

Peche perimetral da pista polideportiva, os valos están oxidadas e deterioradas.

Pór tarima ou similar no chan das aulas que antes estaban vernizadas e agora están en mal estado.

Reparación da cuberta da pista polideportiva, en que hai pingueiras, e os nenos móllanse.

Colocación de elementos de seguridade nos peches das fiestras da parte de baixa.

Evitar a visibilidade (desde fóra) da parte baixa.

Substituír fiestras que están rotas.

Limpeza e arranxo dos canlóns.

Pintado de fachadas.

Revisión e reparación do local da pista polideportiva, xa que está feito unha piscina pola gran cantidade de auga que ten.

Problemas varios de accesibilidade e barreiras arquitectónica.



- Colexio de Casás

No colexio de Casás reclaman o arranxo das porterías e da pista deportiva que están deterioradas. Tamén é necesario cambiar tres portas do recinto escolar e as fiestras e persianas.

Outra queixa ten que ver cos buracos que hai na cuberta do polideportivo, polos que entran as pombas e deixan a zona cuberta de excrementos.

- Colexio de Albeiros

Solicitan o arranxo do lucernario, que está moi deteriorado e hai pingueiras. En reiteradas ocasións reclamaron a reposición de persianas.

- Colexio Illa Verde

O máis urxente é ampliar o parvulario, xa que teñen 6 unidades nun espazo adecuado para tres.

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo