O Grupo Municipal Popular considera unha burla aos veciños de Fontiñas o atraso do parque dos Paxariños
25/11/2008
Os populares denuncian que "sexa por incapacidade ou por desinterese" os traballos estanse eternizando.
Orozco prometeu que esta sería unha das súas primeiras obras públicas como alcalde, e comprometeuse a tela lista para a súa goce en 2004.
Os populares propuxeron un ascensor, onde os técnicos consideren máis viable e menos custoso, para mellorar a accesibilidade do barrio co centro.
O Partido Popular propuxo un estudo de accesibilidade para mellorar a comunicación do barrio de Fontiñas co centro. Os populares José Manuel Barreiro, Sofía López, Teresa Taboada e Alicia Pena explicaron como, do mesmo xeito que se fixo na pasarela do Ceao ou no barrio do Sacro Corazón, poderíase instalar un ascensor, onde os técnicos consideren máis viable e menos custoso, coa idea de salvar a gran pendente que existe. Os populares avogan para búsquese un concerto ou convenio de subvencións de colaboración con outras administracións.
Precisamente o punto de partida que escolleron os populares para arrincar a visita de barrio de hoxe foron as proximidades das escaleiras que comunican Fontiñas con Ramón Montenegro, unha localización que podería ser idónea para a construción do ascensor.
Parque dos Paxariños.-
O Grupo Municipal Popular non pasou por alto a lentitude coa que avanzan as obras do Parque dos Paxariños. Os concelleiros manifestaron que "non hai barrio que se salve da política de xestos e incumprimentos do equipo de Orozco". No caso concreto de Fontiñas "o exemplo da ineficacia e a lentitude de xestión dos socialistas salta á vista: a eterna obra do parque dos Paxariños".
Os populares criticaron a desvergoña de Orozco que anunciara "aos catro ventos" que está sería a "a primeira obra pública do Concello con el de Alcalde". O 3 de Maio de 2003 prometeulle aos veciños que "poderían usar o parque en 2004". Meses despois comprometíanse a acabar as obras en 2005. Pasaron dous mandatos e Orozco e o seu equipo "seguen niso".
Os veciños, a falta do parque teñen que conformarse como alternativa de esparexemento, coa mediana da Avenida.
Revisar a sinalización da vía.-
Outro dos asuntos que preocupan moito aos veciños de Fontiñas é o relativo á seguridade viaria. Os populares piden que se revise a sinalización da vía, xa que hai zonas moi perigosas e nese sentido solicitan que se instalen nova sinalización máis adecuada. Como exemplo se pide que se dote de semáforo para peóns ao cruzamento co paso de peóns das Fontiñas á altura do cruzamento coa rúa Montirón entre outros.