-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular propón un novo acceso para o campo do Polvorín
 
 
20/11/2008
educacion
 
  • Alicia Peña apunta que a entrada actual, a través do recinto do centro educativo das Mercedes, xera problemas de seguridade e limpeza.
  • Os populares suxiren que se acondicione a entrada provisional que se abriu, pola rúa Novo Freire, cando se fixeron as obras destas instalacións deportivas.
 
barra
           
       
 

O Grupo Municipal Popular propón que o Concello acondicione un acceso ao campo da Polvoreira pola rúa Novo Freire, xa que na actualidade os usuarios destas instalacións para entrar ao recinto deportivo ven obrigados a atravesar o Colexio das Mercedes.

Foto
 
       
 
Foto
O consello escolar deste centro xa alertou en numerosas ocasións dos problemas de seguridade e limpeza que ocasiona este paso "ao estar a porta aberta de día e de noite entra quen quere. As queixas de limpeza e de seguridade repítense sobre todo as noites de movida, porque utilizan este espazo para celebrar botellóns".
 
       
 
Alicia Peña explicou que presentará unha iniciativa ao pleno de face a solicitar que "a entrada actual da Polvoreira pola rúa Montirón sexa de uso exclusivo para o centro; e que o Concello estude habilitar unha entrada permanente que ben podía ser acondicionando o acceso provisional que utilizaban os camións cando se fixeron obras no campo da Polvoreira". Esta porta só se abre cando se celebra un partido importante e prevese unha afluencia de público considerable.
Foto
 
       
 

A concelleira popular explicou que esta é unha vella demanda do Colexio das Mercedes e indicou que "logo de recibir promesas do equipo de Orozco de que lles ían a solucionar o problema as cousas seguen igual".

Fai quince días que a APA enviaba un escrito ao Subdelegado do Goberno pedíndolle a súa colaboración para resolver esta situación, pero ata agora non houbo resposta de ningunha administración

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo