| |

         
|
|
| |
O PP logra unanimidade para levar a cabo a homologación e definición dos pasos de peóns en toda España |
|
| |
19/11/2008 |
|
|
| |
-
O deputado lucense García Díez recorda que os pasos de peóns no noso país teñen importantes carencias de seguridade, xa que non se obriga a utilizar material antiescorregadizo nin reflector nin están ben sinalizados.
-
España, con 15,7 mortos por millón de habitantes, está á cabeza de Europa en mortes de peóns.
-
Moitas cidades optaron por pintalos de cores ou facelos elevados e non hai ningunha regulación estatal que os homologue.
-
Galicia rexistra a cuarta parte dos atropelos mortais de toda España.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
| |
O deputado lucense Joaquín García Díez logrou hoxe que a Comisión de Seguridade Viaria do Congreso aprobe por unanimidade unha Proposición non de Lei para instar ao Goberno a realizar os estudos necesarios para homogeneizar e definir as características construtivas, cores a utilizar e sinalización vertical dos pasos de peóns nas súas diferentes modalidades, priorizando a seguridade do peón.
|
|
|
| |
|
|
|
| |
García Díez recordou na súa intervención que España, con máis de 43 millóns de habitantes, sitúase á cabeza en mortes de peóns en relación ao número de habitantes, con 15,7 mortes por millón de persoas, e aínda que precisou que a maior parte dos peóns mortos (90%) o son fóra dos pasos de peóns recordou que as estatísticas reflicten que os pasos de peóns salvan moitas vidas e que son moito máis utilizados noutros países da nosa contorna porque a súa sinalización e deseño son mellores.
Segundo o estudo Eurotest de análise de pasos de peóns en Europa, "España presenta unhas importantes carencias de deseño e sinalización que fan reducir a seguridade dos pasos de peóns sen semáforo". Por exemplo, o noso país é, xunto a Holanda, o único país europeo no que non se especifica mediante sinais aos condutores a necesidade de reducir a velocidade para ceder o paso aos peóns. Ademais, en España non se obriga a utilizar material antiescorregadizo nin se recomenda o uso de pintura reflectora, o que empeora a calidade dos pasos e fai que poidan pasar desapercibidos para os condutores e tampouco se esixe unha visibilidade mínima, polo que os condutores moitas veces non poden frear a tempo.
García Díez explicou tamén como as multas e infraccións a condutores que non respectan os pasos de peóns están na franxa máis baixa de toda Europa. En Austria ou Bélxica, por exemplo, a sanción pode elevarse ata os 2180 euros, mentres que en España oscila entre os 91 e os 300 euros. Igualmente, o carné por puntos só contempla restar dous puntos aos vehículos estacionados sobre un paso de peóns.
O Regulamento Xeral de Circulación, no seu artigo 168 apartado C, regula as marcas de paso para os peóns, co seguinte texto: «Unha serie de liñas de gran anchura, dispostas sobre o pavimento da calzada en bandas paralelas ao eixo desta e que forman un conxunto transversal á calzada, indica un paso para peóns, onde os condutores de vehículos ou animais deben deixarlles paso. (Non poderán utilizarse liñas doutras cores que alternen coas brancas).»
A pesar da claridade coa que está redactado e de ser aprobado no ano 2003, son moitas as cidades que optaron por utilizar outras cores na pintura dos pasos de peóns e igualmente nos últimos anos empezou a proliferar a sinalización de pasos de peóns situados a un nivel superior que o resto da calzada para obrigar a reducir a velocidade dos vehículos na súa aproximación ao paso de peóns.
Do mesmo xeito que no tema das cores, nos pasos a diferente nivel carécese de normativa que regule as súas características técnicas nin construtivas, actuando cada concello ao seu sabio entender, polo que o PP entende que é necesario homologar as condicións técnicas dos pasos de peóns en toda España e primar, ante todo, a seguridade das persoas.
A situación é aínda máis preocupante en Galicia, que é a comunidade co maior número de peóns mortos na estrada e que, segundo as estatísticas do pasado ano, rexistra a cuarta parte dos atropelos mortais contabilizados en España no que vai de ano (220). Desde sempre, as mortes por atropelo tinguiron de negro as estatísticas do tráfico na comunidade.
|
|
|
|