-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular critica a mala planificación na praza das Illas de Montirón, que leva desmantelada un mes aínda que ata finais de novembro non está prevista a súa remodelación
 
 
15/11/2008
medioambiente
 
  • A concelleira popular Teresa Taboada lamenta que "por falta de planificación" os veciños non poidan usar o vello espazo nin gozar das melloras prometidas.
  • O Grupo Municipal Popular faise varias preguntas:
    • Que lóxica ten desmantelar unha praza se se sabe que ata un mes e medio máis tarde non se actuará sobre ela"
    • Terá algo que ver o recente ridículo no Pleno do concelleiro de obras respecto ao fracaso da próxima rúa Rof Codina"
    • Será que agora hai que facer ver que se fai algo aínda que só se destrúa un espazo"
 
barra
           
       
 

O Grupo Municipal Popular denuncia que a "desorganización e falta de previsión" do equipo de Orozco, que levantou os xogos infantís, os bancos, e valou por completo o parque das Illas de Montirón o pasado 15 de Outubro e a día de hoxe as obras aínda non comezaron.

A concelleira, Teresa Taboada, pregúntase por que esta operación non se programou para o momento do inicio da obra, que xa está adxudicada a Calfensa por un importe de 71.000 euros e que comezará previsiblemente a finais de novembro.

Foto
 
       
 
Foto

Para a edila popular esta falta de previsión provoca un prexuízo importante aos veciños da zona que "non poidan usar o vello espazo nin gozar das melloras prometidas".

 
       
 
Taboada lamenta a "falta de respecto do Concello aos veciños de Montirón" e pide a González Dopeso que axilice a obra de mellora desta zona verde, que en reiteradas ocasións xa solicitou o Grupo Municipal Popular.
Foto
 
       


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo