O Grupo Municipal Popular pide ao Equipo de Goberno que se comece o estudo dunha nova ordenanza de convivencia, coa que se podería dar solución a problemas como o dos "gorrillas" que piden diñeiro por "buscar espazo" para aparcar aos condutores que buscan espazo na zona do Hospital Xeral.
Enrique Rozas informou de que actualmente estes temas regúlanse por un bando, totalmente desfasado, do ano 1955, época en que era Alcalde Luís Ameijide.
A ordenanza abarcaría aspectos que non están recollidos noutras ordenanzas e que provocan frecuentemente rozamentos na convivencia diaria.
Tamén contemplaría outras medidas que nestes momentos están incluídas noutras ordenanzas como é o caso de ouriñar na rúa, un aspecto que está recollido dentro da ordenanza de medio ambiente.