| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusa a Orozco de "desentenderse" da tramitación das axudas á dependencia |
|
| |
11/11/2008 |
|
|
| |
-
Logo de dous anos só se resolveron 42 solicitudes do milleiro que se presentou nos centros sociais de Lugo.
-
Sofía López pide unha maior coordinación e que se deixen á marxe os protagonismos de partidos en beneficio das persoas.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A concelleira Sofía López acusa de incompetencia ao equipo de Orozco por ser incapaz de axilizar as axudas de dependencia que se solicitaron nos centros sociais de Lugo: "Fai un ano, en resposta a unha batería de preguntas do Grupo Popular, a responsable de área, Carmen Basadre, informou que o Concello tramitaba expedientes. Pasou un ano, e só se resolveron 42 solicitudes de grandes dependentes, e nada se sabe das correspondentes aos graos I e II".
Para a concelleira popular leste é un novo exemplo do fracaso da política social do equipo de Orozco, ao que "non lle doen pezas" en gastar o seu tempo, e 12.000 euros dos lucenses en botar unha partida de trivial nun día, en lugar de facer un seguimento exhaustivo e axilizar o pago das axudas da dependencia.
|
|
| |
|
|
|
| |
A concelleira popular, Sofía López, quere saber que pasou coas máis de mil peticións entregadas no Concello e pregúntase se houbo algunha reunión de coordinación, aparte da celebrada o 30 de xullo de 2007, con responsables de vicepresidencia para concretar a resolución de expedientes de dependencia.
|
|
|
| |
|
|
|
| |
A oficina da dependencia.-
O Grupo Municipal Popular cre que toda a situación demostra a importancia de que o Concello teña unha infraestrutura propia que canalice todo o tema da dependencia.
"A dous anos da implantación da lei da dependencia Lugo atópase con esta triste realidade, froito da inoperancia, a descoordinación e en definitiva do desinterese tanto do goberno de Orozco como do Bigoberno da Xunta".
O Grupo Municipal Popular xa intentou que se crease esa oficina municipal para a dependencia e que se dese un impulso á tramitación destas axudas. A proposición, que se debateu en pleno o 5 de novembro de 2007, contou cos votos en contra do BNG e PSOE "un novo exemplo de que prima a coalición de intereses de partido sobre os intereses dos cidadáns". Nese sentido López Linares pide a socialistas e nacionalistas que "deixen á marxe os protagonismos de partidos e pensen nas persoas".
|
|
|
|