| |
O Grupo Municipal Popular mostra a súa sorpresa porque a demora na adxudicación do contrato para instalación da rede WIMAX debeuse aos atrasos na redacción dos pregos por parte do Director de Novas Tecnoloxías. Un informe da Axencia de Emprego e desenvolvemento local xustificando a necesidade do trámite de urxencia evidencia as dificultades do servizo de novas tecnoloxías para levar a cabo o seu labor.
Finalmente adxudícase a EMETEL SISTEMAS o 14 de decembro de 2007, por 199.500 euros. O contrato asínase o 15 de febreiro de 2008 coa condición de que as obras termínense en tres semanas.
Estado actual.-
O proxecto parque abarca a modernización tecnolóxica de 6 parques empresariais de Galicia e Norte de Portugal ao amapro do obxectivo de cooperación da política de cohesión da Unión Europea. O prazo remataba o pasado decembro de 2007.
O Concello de Lugo solicitou unha ampliación do prazo de execución para poder finalizar as obras do polígono do CEAO e resolver os trámites de xustificación das actuacións que leven a cabo.
Entre outras actuacións prevese a instalación de dous puntos de información multimedia, dúas pantallas xigantes de información de LED, e a implantación da rede sen fíos WI-MAX.
Neste programa participa o Consorcio da zona franca de Vigo, USC, Parque tecnolóxico de Galicia, Fundación Caixanova, Deputación da Coruña, Cámara municipal de Chaves, e Bragança.
O financiamento europeo prevista para o Concello de Lugo é de 608.977,08 euros.
|
|