-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 

Crónica do Pleno de Novembro (I): Orozco non logra o apoio do Pleno para un pésimo orzamento

 
 
03/11/2008
grupo municipal
     
 
NOTA DO WEBMASTER: As fotografías da crónica do pleno son de moi baixa calidade, xa que se trata de capturas da retransmisión do Pleno por impedir o Alcalde o acceso dun fotógrafo do PP ás últimas sesións.
 
     
 
  • Joaquín García Díez cualifica de "irreais" os investimentos previstos polo Goberno, xa que no ano 2008 de máis de 13 millóns de euros que se prevía recibir doutras administracións só se cobraron 300.000 € a 30 de setembro.
 
barra
           
 
 
  • Orzamentos 2009
  A votación:
PP: 9
PSOE: 12
BNG: 4
REXEITADOS
 
  • Partido Popular e BNG rexeitan os orzamentos irreais e unilaterais presentados por Orozco en forma de ultimato.

O Pleno da corporación municipal de Lugo rexeitou os orzamentos presentados polo Goberno Local. Isto produciuse a consecuencia da prepotencia do Alcalde de Lugo, que presentou este orzamento sen ser capaz de consensualo con ningún grupo da Oposición.

Un orzamento irreal, cuxos cimentos son unhas previsións de recibir investimentos doutras administracións que non están, xa non só consensuadas, senón sequera solicitadas.

Aínda así, con esa mala base, prevese que en Lugo se constrúan diversos edificios de dotacións sociais ou culturais. Joaquín García Díez quixo deixar moi claro, para evitar malas interpretacións, que o Partido Popular non se opón á construción de ningún deses edificios, que considera necesarios, senón que discute a oportunidade de acometer todos eles simultaneamente nun momento de crise e sen o apoio doutras administracións.

"Si ás dotacións sociais, si ás garderías, si aos centros de día, pero se me piden que me molle voume a mollar: Non ao MIHL, un edificio cuxo mantemento pode supor máis de dous millóns de euros anuais. Non sería mellor deixalo para un futuro en que non se hipoteque á cidade de Lugo"".

Cumprimento de compromisos.-

O Grupo Municipal Popular recriminou tamén ao PSOE que non se cumprise máis que un nimio porcentaxe dos compromisos aos que o goberno chegou coa agrupación popular para a aprobación dos orzamentos de 2008.

"Isto non condiciona un apoio ao orzamento ou non para anos posteriores, pero desde logo non axuda a que confiemos no Goberno Local".

Investimentos doutras administracións.-

Este punto, vital na argumentación dos populares, baséase no ridículo grao de cumprimento das previsións do Goberno para o ano 2008. De máis de 13.500.000 " previstos para o plan de investimentos de 2008 non se recibiron en realidade máis que 307.000 ". "Con estas vimbias, mal cesto podemos facer", declarou García Díez, quen dubidou da oportunidade de hipotecar á cidade con obras sen contar con financiamento suficiente.

A táctica é obvia: apróbanse estes presupuesos irreais, durante os tres primeiros meses de 2009 dise aos cidadáns que se farán grandes obras na cidade, e tras as eleccións autonómicas xa se verá o que pasa.

Gastos varios.-

Tampouco axuda a gañar a confianza dos populares a análise realizada por estes do orzamento de gastos varios dos que dispón o Goberno Local e dos que abusou notablemente.

Respecto deste tema, o BNG acusa ao Partido Popular de ser "cómplice" en devanditos gastos, pero a réplica do portavoz popular foi clara: "un pode prestar un martelo a alguén para colgar un cadro, pero se en lugar diso esnaquiza a parede o culpable é quen prestou a ferramenta ou quen non ha leido o manual de instrucións"".

O Goberno Local dispuña dun orzamento de gastos varios que financia o Arde Lucus, parte dos custos de San Froilán, e outro tipo de gastos perfectamente xustificables. Con todo, o uso dese orzamento para gastar 85.000 € nas visitas teatralizadas, máis de 100.000 € en comidas, petiscos e canapés, ou máis de 120.000 € en "agasallos protocolarios", é responsabilidade exclusiva de quen executa ese orzamento.

Conclusión.-

O Grupo Municipal Popular non pode ceder a un ultimato como o presentado polo Alcalde cun orzamento como o actual. Non se ofreceu ningún tipo de negociación ou de reunión para tratar cambios en partidas, senón que o Alcalde presentou Os seus orzamentos e deu un prazo dunha semana para dicir SI ou NON, sen máis opcións.

Ese é o talante democrático e a forma de traballar que ten o Goberno Local de Lugo.

 

 

 

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo