| |

         
|
|
| |
O incremento da participación dos veciños na comisión de suxestións forza un cambio no tratamento dos asuntos |
|
| |
29/10/2008 |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular mostra a súa satisfacción polo aumento de participación dos cidadáns na comisión de suxestións que preside a Popular Cristina Ares. A concelleira explicou que se triplicaron as suxestións e queixas deste último mes. Á vista da boa marcha deste novo organismo nado ao amparo da Lei de Grandes Cidades, acordouse cambiar o mecanismo de traballo para dar unha resposta inmediata e máis exhaustiva aos cidadáns.
A Presidenta da comisión puxo de manifesto a súa preocupación porque segue habendo áreas, como a de urbanismo, que "non se interesa, nin o máis mínimo, por cumprir o seu deber cos veciños". O seu desprezo contrasta coa actitude doutros concelleiros que si se molestan en contestar "en tempo e forma".
|
|
| |
Para os populares "é de agradecer o esforzo dos traballadores do Concello xa que sen eles a boa marcha da Comisión sería inviable".
Ares recordou que algunhas das reclamacións que non se contestaron en prazo polo seu respectivo departamento, motivaron a comparecencia dos responsables de área na última sesión extraordinaria da comisión. Neste momento xa figuran os informes correspondentes.
|
|
|
| |
Informe.-
A creación dunha praia fluvial é unha das suxestións que se presentou na comisión. A resposta que deu o Concello deixa claro que, a pesar dos anuncios feitos en reiteradas ocasións, non teñen vontade de levar a cabo o proxecto. A contestación de Medio Ambiente foi a seguinte: "Aínda recoñecendo o encanto das praias fluviais ata o momento considérase que a obra necesaria sería moi agresiva e probablemente dificilmente autorizable pola Confederación Hidrográfica do Miño".
Entre as reclamacións presentadas destaca un paquete relacionado coas festas do San Froilán: un veciño pide "que se coloquen carpas nas verbenas porque fai moito frio"; outra se fai eco da situación e das condicións nas que están os manteros; tamén hai unha queixa dunha veciña da rúa Ribadeo na que en nome dun grupo de veciños denuncia que o excesivo celo da policía negoulles o acceso aos seus garaxes, a pesar de que eran residentes, porque non levaban consigo a autorización pertinente. Houbo tamén queixas sobre a relación calidade prezo da comida dos postos e a falta de limpeza dos restos das sesións de fogos de artificio.
Tamén chegou unha vez máis á comisión a queixa polo mal estado no que queda o parque de Rosalía de Castro tras a celebración do "botellón" (neste caso a veciña refírese ao celebrado o nove de outubro).
Dentro desta área outro veciño alerta de que desde o pasado dous de outubro deixou de funcionar a fonte da rúa Río Sil. Hai malestar pola descoordinación das actividades dos centros sociais durante o verán.
Para rematar figura un paquete de queixas relativas aos excesos de velocidade en zona peonil, á seguridade cidadá e a mala sinalización viaria.
|
|
|
|