-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
O Grupo Municipal Popular forza ao Concello a pedir documentos á Xunta que demostren a petición dun xulgado de violencia para Lugo
 
 
28/10/2008
bienestar
 
  • Sofía López Linares lamenta que o Equipo de Goberno "bote balóns fóra" contestando ás súas preguntas en comisión que "temos a mesma información que vostede".
  • "Tal vez o Goberno crea que é mellor non revisar a efectividade das súas políticas sociais, non vaia ser que se descubra que as accións "sociais" deste Goberno redúcense a propaganda e autobombo".
 
barra
           
 

O empeño da presidenta da Comisión de Benestar social, a popular Sofía López Linares, por conseguir que Lugo conte cun xulgado de violencia de xénero logrou, que tanto PSOE como BNG se comprometesen a apoiar todas as xestións posibles para facer efectivo o acordo plenario de xullo, no que se reclamaba este xulgado para Lugo. Unha das primeiras actuacións será a de pedir explicacións á Xunta e como esixirlle que envíe copia do escrito que din ter e no que supostamente fixo a petición ao Ministerio dese xulgado para a nosa cidade.

A Xunta afirma, nun escrito recibido en agosto deste ano, que solicitou por escrito a creación dun xulgado exclusivo de Violencia sobre a Muller para Lugo, pero o Ministerio negou esta aseveración. Mentres tanto Lugo segue sen xulgado de Violencia de Xénero e o Goberno Local se inhibe da polémica. López Linares pregúntase se non sería lóxico "facer un seguimento desde o Concello dun tema de tanto interese para a cidade".

A concelleira popular, Sofía López Linares tamén preguntou ao Goberno Local se se solicitou, ao Ministerio do Interior do Goberno da Nación, o SAF (Servizo de Atención Familiar) tal e como se acordou no Pleno da Corporación Municipal. A concelleira socialista Carmen Basadre intentou evitar a pregunta contestando con vaguedades, pero a insistencia de Sofía López Linares obrigouna finalmente a recoñecer que "non fixeron nada".

 
 

A concelleira popular Sofía López Linares, presidenta da Comisión de Benestar Social e Muller, lamenta que, unha vez máis, o Goberno Local non cumpra cos acordos de pleno, ata cos votados favorablemente polo propio PSOE. "Non é que só teñan que cumprir aqueles con os que están de acordo, pero é rechamante que nin sequera executen os que votaron a favor".

Foto
 
 

Accións contra as drogas.-

Ante o gasto de 12.570,00 € realizado polo Equipo de Goberno en material propagandístico (axendas e libros) sobre drogodependencias, denunciado polo Grupo Municipal Popular ao tratarse dunha duplicidade de gasto (xa existe material similar publicado polo Plan Nacional sobre Drogas dispoñible en Lugo), a concelleira popular Sofía López Linares preguntou ao Goberno sobre a avaliación das accións realizadas en 2008.

"O normal sería que se avaliasen as accións realizadas no ano anterior para priorizar as que dean mellores resultados, e así optimizar os recursos dispoñibles".

A concelleira socialista Carmen Basadre novamente contestou con vaguedades, e asegurou que o seu departamento fai un seguimento de todas as accións a través do XESAPI.

Con todo, o XESAPI (Xestión do sistema de avaliación de prevención e incorporación) é unha aplicación web do SERGAS que simplemente realiza unha recompilación de datos e, como moito, permite imprimir un informe das programacións e memorias unha vez cumprimentado, pero non realiza unha análise das políticas e accións desenvolvidas. Para facer unha analogía, sería como dicir que se realizan análise con Microsoft Excel con só meter columnas de datos.

Para a concelleira popular Sofía López Linares é unha irresponsabilidade por parte do Goberno de Orozco o non facer avaliacións das actividades, xa que así "pódense estar repetindo actividades que teñen un impacto nulo por non molestarse en ver se serven para algo".

"Talvez crean que é mellor non revisar a súa efectividade, non vaia ser que se descubra que as accións "sociais" deste Goberno redúcense a propaganda e autobombo. Para nós as políticas sociais son algo serio, e con estes temas hai que ser rigoroso porque afectan a moitas persoas e con problemas moi graves que buscan unha solución, non saír nun anuncio".

 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo