| |

         
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular pide a convocatoria da Comisión do Rueiro que está pendente desde abril |
|
| |
26/10/2008 |
|
|
| |
-
Os populares suxiren a revisión dos criterios polos que se dedican rúas a persoas ou entidades que foron positivas para Lugo.
-
Os criterios actuais non permiten dedicar unha rúa a unha persoa non falecida.
-
Alicia Pena tamén pide que os veciños ou colectivos que fagan propostas sexan escoitados pola Comisión para defendela.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
Cumprir os acordos.-
O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá este luns, na comisión de cultura, que se convoque a comisión do rueiro. Alicia Pena explicou que hai numerosas peticións sen resolver. "É necesario retomar o traballo que deixamos pendente antes do verán". A concelleira popular tamén pediu máis axilidade á hora de colocar placas indicativas en rúas que xa teñen novo nome (é o caso do cantiño de Nemesio Cobreros) xa que "de pouco serve chegar a acordos se non se materializan".
Respecto das placas, a concelleira popular fixo a suxestión de que se faga un concurso de ideas para que as novas placas que se poñan sexan un referente estético da cidade.
Participación dos veciños.-
Sobre as propostas que actualmente están en carteira, como as que fixeron distintos colectivos, Alicia Pena declarou que é partidaria de "dar participación á cidadanía e facer unha quenda de exposición para que os colectivos ou veciños que propoñan un nome para unha rúa poidan vir defender os seus argumentos".
Pola súa banda, o Partido Popular propuxo nas últimas reunións cales para, entre outros: o xornalista Daniel Hortas, o Exército Español ou designar un espazo que recorde ás vítimas de ETA.
|
|
| |
|
|
|
| |
Alicia Pena recordou que na última reunión celebrada, o pasado mes de abril, reclamou un estudo do barrio de Castelo para que se lles dean nomes ás rúas que existen xa que "os veciños quéixanse de que teñen problemas para que chegue o correo, as ambulancias...".
|
|
|
| |
Revisar bases.-
Os populares avanzaron que proporán dar unha volta aos criterios polos que se deciden os nomes das rúas e prazas da cidade.
Alicia Pena pide que se estude o apartado que no que se indica que as placas só se outorgarán a persoas falecidas. A concelleira popular considera que "máis que excluír a ninguén, habería que priorizar os actos positivos dunha persoa ou entidade sen marxinalos por estar vivos".
Alicia Pena pregúntase si tendo en conta que na cidade de Lugo hai rúas con nome de persoas vivas como "Misioné, Novo Freire, ou a infanta Elena, non se estará facendo un agravio comparativo con outras persoas con suficientes meritos?".
|
|
| |
|
|
|
|