-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

grupo municipal
bienestar
culturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural

 

 
Tras un mes sen noticias, o Grupo Municipal Popular pide a Rábade o informe que se comprometeu a presentar nunha semana tras o descontrol do día da bicicleta
 
 
22/10/2008
interior
 
  • Hoxe cúmprese un mes desde que a falta de coordinación e dirección policial puxo en perigo por centos de lucenses o día da bicicleta.
  • O Concelleiro responsable, o señor Rábade, anunciou naquel momento a redacción, nunha semana, dun informe que aclararía todos os detalles do suceso.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular pregunta ao equipo de Orozco onde está o informe que se comprometeu a facer público para aclarar os incidentes que tiveron lugar durante a celebración do día da bicicleta. Enrique Rozas recordou que o equipo de goberno deu un prazo dunha semana para clarificar o sucedido e depurar responsabilidades.

Cando se cumpre un mes da celebración da citada proba os populares queren saber en que situación atópase o documento. Rozas mostrou desde o primeiro momento a súa sorpresa porque Rábade encargou ao responsable da organización, o Director Xeral da Policía, un informe no que se avaliase a si mesmo, e a súa propia xestión no tocante ao dispositivo que se montou o pasado 21 de setembro pola celebración deste evento.

 
     
 

Policía.-

O concelleiro popular pídelle ao Alcalde que as enerxías que gasta en felicitacións emprégueas en chamar á orde ao director xeral da policía para que monte dispositivos regulares e efectivos todos os días.

Foto
 
       
 
 
  Escoita:
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo