| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusa ao Goberno de malgastar 12.500 euros en duplicar publicacións doutras administracións |
|
| |
16/10/2008 |
|
|
| |
-
A duplicidade de gasto dáse, neste caso, en axendas e libros de prevención familiar da drogodependencia.
-
Sofía López Linares pediu ao Goberno Local "que se deixe de manifestos de austeridade e que empece a dar exemplo evitando gastos improductivos como este".
-
A concelleira popular pedirá información, na próxima comisión de servizos sociais, sobre os programas municipais de prevención da drogadicción.
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusou ao Goberno de Orozco de duplicar gastos de forma innecesaria. A crítica da concelleira Sofía López Linares vén motivada pola adquisición, por un total de 12.570 euros, de axendas e impresión de libros destinados á prevención de drogodependencias desde o ámbito municipal.
Os populares explican que mentres o Concello repartía 6.000 axendas para escolares e 200 libros, o Ministerio Sanidade e Consumo distribuíu, dentro do Plan Nacional de drogas, outras axendas similares. Pola súa banda, o Sergas a través da Subdirección Xeral de Saúde e dependencia, fixo unha campaña con publicacións específicas cun contido idéntico.
|
|
| |
"Se se sobrecarga aos nenos de material, axendas e publicidade córrese o risco de que todo iso acabe na papeleira, ou que as publicacións nin cheguen aos fogares".
|
|
|
| |
Sofía López aclarou que non se trata de que o Concello renuncie a informar, como administración máis próxima, sobre esta problemática.
López Linares insistiu en que "é difícil entender que o Concello destine 12.570 euros en publicacións que xa proporcionan outras administracións". É un gasto "improductivo" polo que lle pediu ao Goberno Local que "déixese de manifestos de austeridade e que empece a dar exemplo". Non vale que se xustifiquen en que, como hai diñeiro para prevención da drogadicción, gástense sen avaliar se son efectivas as accións que promovemos.
A concelleira popular opina que "os fondos que ten o Concello deberían destinarse a accións máis específicas como talleres, asesorías e charlas de pais e nais. Hai que achegar e dar solucións concretas aos afectados sen malgastar o diñeiro en axendas que xa existen".
O Grupo Municipal Popular levará á próxima comisión permanente ordinaria de servizos sociais unha proposta para avaliar os resultados das distintas accións que o Concello fixo en materia de prevención de drogodependencias de face a realizar unha avaliación de resultados e para que o próximo ano póidase priorizar e xestionar o gasto onde se demostre que é máis efectivo.
|
|
|
|