-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Teresa Taboada pide a reposición inmediata das zonas verdes esnaquizadas no Parque de Rosalía
 
 
15/10/2008
medioambiente
 
  • A concelleira popular tamén pide que se recupere o empedrado da chaira do pavillón que sufriu importantes danos.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular denuncia as desfeitas no pavimento da chaira do pavillón municipal dos deportes. Os populares reclaman que arranxen os importantes danos do empedrado e das beirarrúas.

Teresa Taboada tamén pediu un maior control dos danos ambientais que se produciron coa colocación das atraccións do San Froilán. A concelleira pide a reposición inmediata das zonas verdes esnaquizadas, tanto arbustos como céspede que, nalgúns puntos, desapareceu por completo.

A concelleira insiste que numerosos veciños da zona acudiron a ela para queixarse do estado en que quedou tanto o parque e as costas.

 
 

Os populares opinan que o Concello debería dar exemplo e nas montaxes que dependen da administración utilizar un sistema de ancoraxe alternativa que non dane os pavimentos.

Foto
 
 

Frigsa.-

A concelleira popular tamén se fixo eco das queixas de veciños e usuarios do parque da Milagrosa. "Despois de que se marchasen as caravanas dos propietarios de atraccións, e debido a que non tiñan desaugadoiros (a pesar de que en Pleno de Outubro o Goberno contestou que todo estaba "correcto") quedou toda a zona sucia e cun cheiro repugnante". Taboada reclama unha exhaustiva e inmediata limpeza da zona.

A concelleira popular propón que para o próximo San Froilán acondiciónese unha zona cos servizos mínimos, tomas de auga e desaugadoiros.

 
 
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo