-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 

O Grupo Municipal Popular ve confusos os argumentos do Goberno para ratificar a adxudicación da Biblioteca da Piringalla

 
 
14/10/2008
urbanismo
 
  • Jaime Castiñeira: "O equipo de Orozco mantén a proposta inicial, que incumpría o Plan Xeral, algo que pasaron por alto na puntuación".
  • Os populares solicitan que se anule o proceso, e que se volva a empezar de novo, cun prego de condicións claro, con baremos idénticos para todos e sen favoritismos.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular considera desacertado que o equipo de goberno desestimase esta mañá os catro recursos que se presentaron contra a resolución do concurso convocado para redacción do proxecto da Biblioteca da Piringalla.

Jaime Castiñeira critica que se utilizasen "argumentos contraditorios e confusos" para ratificar a postura inicial do Goberno Local de adxudicar o deseño deste edificio ao estudo de arquitectura (Gao Arquitectura e Urbanismo S.L.) que presentou un deseño que incumpría o Plan Xeral.

 
 

"Como é posible que teña a mesma funcionalidade e a mesma estética un edificio ao que agora lle rebaixan de 4 a 3 plantas?", preguntouse Castiñeira.

Foto
 
 

O equipo de goberno xustifica a adxudicación porque apunta que "un bosquexo" non ten que cumprir o Plan Xeral. Con todo, este argumento obvia que non se utilizase a mesma vara de medir con proxectos que se viron puntuados cun cero porque a localización do edificio non se axustaba á parcela proposta.

Por que uns incumprimentos castíganse e outros non".

Solucións.-

Jaime Castiñeira indicou que "chegados a este punto, no que a adxudicación quedou en suspenso porque o deseño gañador do concurso tiña unha planta máis que o que lle permite o Plan Xeral" cabían dúas opcións lóxicas:

Anular o proceso, e iniciar un novo cun prego de condicións claro.

Valorar de novo "cun mesmo criterio as distintas propostas que se presentaron ao concurso".



Para o Partido Popular o máis coherente sería unha nova valoración das nove propostas que se presentaron ao concurso e que se puntuasen novamente "cun criterio idéntico" e sen favoritismos.

 
 
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo