O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, referiuse á puntuación de SEIS que o Alcalde deu ao goberno galego.
O portavoz popular indicou que o seis é a nota dos recomendados "para que non pareza que se lle dá o cinco por enchufe, sóbese un pouco máis a nota. Se lle deu un cinco, sería recoñecer que estaba suspenso pero que había que darlle o aprobado raspado".