-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular considera que este foi un bo San Froilán, aínda que houbo "puntos negros" para os que realiza propostas de mellora de face ao próximo ano
 
 
13/10/2008
cultura
 
  • Ante a proposta de austeridade de Orozco para as próximas festas García Díez suxire que os concelleiros paguen do seu peto a minuta das comidas que se organizan para "dar exemplo e ser cribles".
  • Alicia Pena afirma que para que o actos luzan hai que evitar que se mesturen actividades e tamén reclama que se estendan a todo o recinto as casetas de venda ambulante que se instalaron por esixencia dos populares.
 
barra
           
 

A primeira valoración do Grupo Municipal do Partido Popular das festas de San Froilán 2008 é que "saíron cousas ben, empezando polo bo tempo que tivemos, fundamental para garantir o éxito das festas".

O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, non pasou por alto a proposta de austeridade do Alcalde de face ao próximo San Froilán. Como primeira suxestión García Díe propuxo que os concelleiros paguen do seu peto as comidas ou ceas que se organiza desde o Concello. "Hai que dar exemplo e adaptarse á situación de crise: é necesario abaratar os menús, e evitar duplicar a representación institucional, non invitando a varios cargos dun mesmo organismo". Esta proposta é extensible para todo o ano, non unicamente para os actos enmarcados nas festas.

Para os populares a austeridade da que nos fala agora o Alcalde é moi sospeitosa "moito nos tememos que este ano o déficit será maior xa que non houbo ningunha contención de gasto". Hai que recordar que o déficit do ano pasado superou os 651.000 euros.

 
       
 
García Díez: Recortes de Gastos
 
 
 
       
 

Propostas.-

Os populares presentaron varias propostas encamiñadas a evitar os "puntos negros" que se produciron este ano e á mellora dos próximos festexos patronais:

Foto
 
 
Ruídos:

Ante as múltiples protestas veciñais sobre este tema, proponse regular os decibel das atraccións. Cada ano os equipos de megafonía son máis potentes e sóbese o nivel de ruído. A idea sería establecer un control de máximos e limitar, a partir dunha hora determinada, a megafonía. O horario modificaríase tendo en conta se se trata dun día de semana ou unha véspera de festivo.



Coincidencia de actos:

O Grupo Municipal Popular solicitou que para o programa do próximo San Froilán non coincidan actos que teñen entidade por si mesmos. Este ano sucedeu co Día de Ferrol, que coincidiu cos actos conmemorativos da patroa da Garda Civil (sábado 11 outubro); ou a celebración do traxe galego e ofrenda á Rosalía coa Feira Medieval (domingo 12 de outubro).



Animación rueira:

O Partido Popular considera necesario incrementar as atraccións de ambiente de rúa: charangas, animación rueira, ata recuperación do certame de tunas que tanto éxito tivo fai anos"



Postos de venda:

Estender ao resto do recinto feiral os postos de venda ambulante de madeira de face a conseguir unha uniformidade estética.

Mellorar a planificación da situación dos puntos de venda co obxecto de evitar o colapso de rúas nas que hai dificultades para o paso de vehículos sanitarios ou de seguridade.



Limpeza:

Máis eficacia na limpeza.

Procura de alternativas para evitar que se produzan situacións de insalubridad como a do Parque de Rosalía, onde se instalou un auténtico "campamento" ou no Parque da Milagrosa, coas caravanas dos feirantes desaguando directamente á vía pública.



Accesos:

Solicitar que de cara a celebración de novos concertos, no recinto feiral, habilítese un acceso que comunique o pavillón de planta baixa co aparcadoiro superior.



Prazos:

Que todos os asuntos relacionados coas festas (adxudicación de postos, atraccións, iluminacións, pregoeiro...) déixense resoltos antes das vacacións de verán para poder resolver con tempo as incidencias que poidan darse.



Seguridade:

Reclámase maior seguridade tanto no sentido de redactar un plan de urxencias adecuado que evite situacións como a das churrerías deste ano, como no que se refire a venda ilegal e seguridade da cidadanía.



Participación.-

Alicia Pena pediu ao equipo de goberno máis tacto e que abran as festas á participación dos partidos da oposición como facían os gobernos do PP. "Un ano máis en decatámolos polos medios de comunicación do programa de festas. Nin con maioría absoluta, nin sen ela débense organizar as festas da cidade sen contar coa opinión de todos os representantes electos do pobo".

Venda ilegal ambulante.-

O portavoz popular foi crítico coa intervención de Orozco durante a recepción á corporación do Ferrol "o discurso do Alcalde estivo fóra de lugar", en alusión aos vinte minutos nos que este disertou sobre a situación dos manteros. "Quixo quedar ben con todo o mundo enviando mensaxes confusas cando é un asunto serio co que non se debería frivolizar." Non se pode dicir ao mesmo tempo que a Lei é para cumprila e acto seguido xustificar actividades ilegais que prexudican ao comercio de Lugo.

Para García Díez o control da avalancha de manteros require un tratamento supramunicipal e non dar bandazos sendo permisivos un ano e tratando de dar "un pau" ao seguinte.
 
 
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo