-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Enlaces
Afiliate
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Partido Popular pide melloras para dignificar a imaxe da Rúa Montevideo
 
 
13/10/2008
medioambiente
 
  • Os veciños quéixanse das pintadas, da suciedade do fielato e de que o ruído das tapas soltas da rede de sumidoiros interrompen o descanso nocturno.
 
barra
           
 

O Grupo Municipal Popular solicita que se revisen as tapas dos sumidoiros, que están soltas, na rúa Montevideo. Segundo a concelleira popular, Teresa Taboada, esta é unha queixa común dos que residen nesta vía e que "sofren os ruídos que provoca o paso de vehículos dificultando, ás noites, o descanso da veciñanza".

 
       
 
Foto
A concelleira popular Teresa Taboada invitou ao equipo de Orozco a que solucionen este problema o máis axiña posible. Outras queixas dos veciños van encamiñadas a reclamar que se arromben as beirarrúas xa que, nalgúns puntos, atópanse "afundidas e resquebrajadas, con maleza entre as gretas".
 
       
 

A xuízo da edila popular, para completar o lavado de face desta rúa faría falta eliminar as pintadas e a sucidade e grafitos que hai no fielato da porta da muralla. "Cunhas sinxelas actuacións dignificaríase a imaxe desta vía que é unha das principais entradas ao centro de Lugo", puntualizou Taboada.

Foto
 
 
 


 
     
grupo municipalbienestarculturadeporteseconomiaeducacionempleoyssggmedioambienteinteriorurbanismorural
  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo