| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica o abandono do Goberno Local na revisión das instalacións eléctricas dos centros educativos |
|
| |
02/10/2008 |
|
|
| |
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
A concelleira Alicia Peña fixo pública a súa preocupación pola falta de actuación por parte do Concello na revisión dos elementos de baixa tensión das instalacións dos centros de educación infantil e primaria do Concello.
Pena explicou que "desdehai cinco anos non revisan luces de urxencia, sinalización de conexións no cadro eléctrico, cambios de luminarias en estancias...".
Para a concelleira popular "o grave deste asunto é que o Concello é coñecedor do deber de efectuar este traballo de mantemento, e que tiña un prazo concreto, que terminou o pasado 18 setembro".
Alicia Pena critica a lentitude coa que actúa o equipo de Orozco, sobre todo cando estamos falando "da seguridade do persoal dos centros e dos nosos fillos".
O único que se fixo ata agora foi unha "declaración de intencións" por parte da responsable de área. O pasado 3 setembro comprometeuse cos directores de Centros de Centros de Ensino de infantil e primaria a dar unha solución antes de terminar o mes de setembro. Á vista de que pasa o tempo e non se dan pasos para revisar os elementos de baixa tensión nos colexios o grupo popular pide que de inmediato o Concello asuma a súa responsabilidade e póñase mans a obra.
|
|
| |
O Partido Popular xa advertiu, en maio de 2008, que ía terminar o prazo sen que se dese unha solución aos centros escolares. Alicia Peña pedira, en rolda de prensa, que se aclarase quen tiña a responsabilidade de levar a cabo esta revisión.
|
|
|
| |
Precisamente foi a Consellería a que lle deu a razón a edila popular nunha circular que enviou aos directores na que sinalaba que, por tratarse dunha tarefa de mantemento, correspondía ao Concello levala a cabo.
|
|
|
|