| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón unha solución para a Estación de Autobuses e as súas inmediacións |
|
| |
02/10/2008 |
|
|
| |
-
Os populares apostan por cambiar sentido de entrada e saída do aparcadoiro e piden beirarrúas para evitar o continuo paso de peóns pola calzada.
-
Estas demandas presentaranse no próximo Pleno, ao que tamén se reclama un plan específico de vixilancia e que o Alcalde faga xestións na Xunta para que se dignifique o actual edificio da Estación de Autobuses.
-
Os populares lamentan que a Orozco " énchase a boca falando de grandes prazas cando hai espazos á beira da Muralla, como este, desaproveitados por completo".
|
|
 |
| |
|
|
|
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular propón un estudo integral para remodelar a Praza da Constitución e os Xardíns de García Morato. No Pleno do próximo martes o portavoz dos populares, Joaquín García Díez, pedirá ao Equipo de Goberno que solicite formalmente da Xunta de Galicia, titular da Estación de Autobuses de Lugo, a redacción e execución dun proxecto de reforma do edificio que permita, na súa actual localización, unhas instalacións e servizos máis acordes cunha capital de provincia.
Desde o Grupo Popular avogan para que se aproveite o proxecto de remodelación do antigo cárcere, "poderíase redactar e executar, mediante un concurso de ideas, un proxecto de reurbanización da Praza da Constitución no que se contemplen, entre outras medidas, a construción das beirarrúas non existentes nalgún tramo de calzada, e o cambio de sentido das entradas e saídas do aparcadoiro subterráneo".
Unha terceira actuación para mellorar este espazo sería o deseño e a execución dun plan específico de vixilancia e seguridade nas proximidades da Estación no que se contase coa coordinación das policías nacional, autonómica e local.
|
|
| |
Segundo intento.-
Este é o segundo intento do Grupo Popular para remodelar esta praza. Foi en decembro de 2003, a través dun rogo, cando o Partido Popular trasladou ao equipo de Orozco a necesidade de dotar á praza dun paso peonil ou unha beirarrúa para comunicar o tramo da Rolda da Muralla con cálea Anxo López Pérez, xa que a diario son moitas persoas as que, para ir aos colexios e aos institutos, atallan por esta praza "ben pasando por dentro dos xardíns ou, noutras ocasións, pola beira da calzada".
|
|
|
| |
A pesar do compromiso adquirido naquel momento polo concelleiro de obras, José Piñeiro, de resolver este problema non se fixo nada: "Diante da policía pasan a diario por medio da calzada os peóns, a zona do xardín ten un aspecto deixado: está ocupado por unha estrutura provisional dun punto de información municipal que non funciona, e que o goberno non pensou retirar de alí; cando chove o pavimento énchese de charcos, e a sinalización está deteriorada. Este aspecto deteriorado invita a que este punto estéase convertendo nun lugar de reunión de esmoleiros".
|
|
| |
|
|
|
|