O Partido Popular continúa coa súa campaña reivindicativa baixo o lema "Lugo Tamén Existe" para reclamar un tren digno para a provincia. Esta noite o deputado nacional Joaquín García Díez fixo o traxecto completo Lugo-Madrid a bordo do Tren Estrela.
García Díez cumpría así o anuncio que fixo o pasado xoves, no transcurso da comparecencia que tivo lugar no Congreso dos Deputados. O popular recriminoulle á ministra de Fomento que "no mesmo tempo que un viaxeiro deste tren intenta conciliar o soño e pasar o mellor posible as nove horas que dura a viaxe, a Ministra Magdalena Álvarez pode ir e vir a Málaga e pasar tres horas na súa casa". Outro exemplo que puña sobre da mesa o deputado popular, para visualizar as malas comunicacións ferroviarias que temos en Lugo, é que nas nove horas que tarda o tren en percorrer o traxecto, pódese ir e volver a Madrid en coche "sen présas e respectando as limitacións".