-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Orozco asume a súa incapacidade para pór en marcha o programa dos Bancos do Tempo

29/09/2008

 
  • Sofía López Linares pediu explicacións esta mañá na comisión de servizos sociais sobre este proxecto anunciado "aos catro ventos" fai dous anos.
  • A concelleira popular considera unha desculpa "impresentable" que o equipo de goberno se escude en que "non ten persoal".
 

O Grupo Popular confirmou hoxe a "inoperancia e incapacidade" do Equipo de Goberno á hora de pór en marcha o programa dos bancos do tempo anunciado "aos catro ventos" no ano 2006.

A responsable socialista de Servizos Sociais, Carmen Basadre, aseguraba esta mañá, en resposta a unha batería de preguntas da edila e presidenta da Comisión a popular Sofía López Linares, que o Concello "non ten persoal para atender este programa, nin existe proxecto para levalo a cabo".

Para Sofía López Linares esta é unha "desculpa impresentable" e recordou como existe un protocolo de colaboración institucional, asinado en 2006, no que se especifica que se elaboraría un rexistro de voluntarios, a posta en marcha, difusión e xestión do proxecto dos bancos do tempo. A estas alturas non existe "nada de nada. O equipo de Orozco non deu nin un só paso adiante desde a firma do convenio coa Consellería de Traballo".

Sofía López Linares destacou que os bancos do tempo son programas moi útiles para conciliación da vida familiar e laboral "é unha mágoa que todo quede en fume, algo ao que nos ten habituados o señor Orozco".

Para a concelleira popular esta situación ten moito que ver co desmantelamento do servizo do voluntariado municipal.

Foto

Proposta rexeitada.-

Noutra orde de cousas, o Equipo de Goberno rexeitou a proposta que presentou o Grupo Municipal Popular para que a comisión de Servizos Sociais expuxese a súa previsión de gastos e actividades antes da elaboración do Orzamento, coa idea de priorizar accións.

Sofía López tamén defendía que os gastos que superasen os 2.500 euros, así como os baremos empregados para conceder subvencións debatésense neste órgano.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo