| |
O Grupo Municipal Popular pide ao Equipo de Goberno que recapacite e consensue a nova reestruturación da Policía |
28/09/2008 |
|
| |
-
Enrique Rozas, "de nada vale ir a toda prisa se a negociación se pecha en falso".
-
Os populares critican que con esta reforma se crean máis órganos directivos en detrimento de axentes a pé de rúa.
|
| |
O Grupo Municipal do PP criticou a intransigencia do Equipo de Goberno, que quere impor unha reestruturación na policía local sen escoitar ás partes implicadas. Este pronunciamiento dos populares fíxose despois de que se confirmase que no próximo pleno do martes o goberno presentará a súa proposta de reestruturación da policía.
Rozas recomenda aos responsables municipais que "non se precipiten, e que aproveiten a vía de negociación que se acaba de abrir. É o momento oportuno para estudar, analizar e debater as propostas tanto do goberno como da parte sindical".
|
Desde o Grupo Popular pediuse máis "man esquerda" ao Alcalde xa que desde que chegou o PSOE ao Goberno "foron incapaces de reorganizar a policía, a pesar de que este xa é o enésimo intento de remodelar o corpo".
Os populares criticaron que con esta reforma créanse máis órganos directivos en detrimento de axentes a pé de rúa.
|
|
| |
|
BNG.-
Enrique Rozas mostrou a súa estrañeza pola actitude do portavoz nacionalista "máis propia dun mozo dos recados" que dun responsable político con intención de achegar solucións ao conflito policial. O concelleiro popular fixo este comentario tras os pronunciamientos nos que o señor Lage deixa clara abertamente a súa disposición de chegar a un acordo co señor Rábade e pactar con el a reestruturación da policía local, sen un amplo consenso. O edil popular pregúntase "Este revolcón do BNG con Rábade converterase nun futuro matrimonio con Orozco?. De ser así quedarían claras moitas cousas".
Desde o Partido Popular piden máis rigor ao BNG cos datos facilitados do guindastre municipal xa que o "buraco económico" que está xerando este servizo derívase das directrices ditadas polo Director Xeral da Policía que, como xa recordou en varias ocasións o PP, establece que "os guindastres deberán estar estacionados diante do cuartel da policía local en disposición de saída". É o goberno municipal o único responsable do millón de euros que ata o día de hoxe custoulle ás arcas municipais.
|