Texto do comunicado conxunto dos grupos do Concello de Lugo:
O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta fin de semana que lle custou a vida ao brigada Luís Conde na localidade de Santoña e os cometidos o domingo en Ondarroa (Vizcaia) e Vitoria.
A carreira criminal destes desaprensivos acaba unha vez máis coa tranquilidade dun pobo pacífico. Por iso, a Corporación Municipal, en representación do Pobo de Lugo, súmase á dor da familia do falecido e dos feridos e condena estas brutais accións que non teñen ningunha xustificación.
Ratificamos o noso compromiso de actuar unidos co obxectivo de acabar con este inimigo da sociedade democrática, que o único que sabe é amedrentar, cunha chantaxe permanente de violencia e medo cara aos cidadáns.
A cidadanía de Lugo cre na convivencia pacífica, na tolerancia, no respecto á a vida e a liberdade plena. Unha vez máis nos unimos no mesmo desexo e o mesmo berro de condena: Non ao terrorismo.