-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular acusa de descoido ao director da Policía Local e ao Concelleiro responsable pola falta de seguridade da proba ciclista celebrada onte

22/09/2008

 
  • Rozas critica que non se previse con antelación un dispositivo especial para a celebración da proba.
 

O Grupo Municipal Popular pediu hoxe explicacións pola falta de seguridade durante a proba ciclista que se desenvolveu onte na cidade no marco da semana da movilidad. Enrique Rozas critica duramente aos máximos responsables da policía, o concelleiro delegado e o Director Xeral da Policía, por non montar un dispositivo especial para garantir a seguridade da proba.

Rozas explicou que a rede semafórica non estivo adaptada ao percorrido do pelotón, creando situacións de risco para os ciclistas. O concelleiro popular explicou que o Equipo de Goberno tiña asignados os mesmos axentes que nunha quenda normal: "non se molestaron en dispoñer dun reforzo, o que dá unha idea da ineptitude dos dirixentes policiais".

Na actualidade a sala de control de tráfico está gestionada por unha empresa privada, que non presta servizos durante as noites, as tardes dos sábados, os domingos e os festivos. Durante eses días os axentes da policía local que están de servizo non teñen acceso a devandita sala polo que o día en cuestión non puideron controlar desde alí o desenvolvemento da proba.

Foto

Os populares xa advertiron "a incongruencia da forma de funcionar da sala de control de tráfico" pedindo o pasado 31 de xullo que o Concello establecese un servizo de 24 horas para o seguimiento desde a sé da Policía Local das imaxes que captan as cámaras de control que hai pola cidade.

Recientemente o Grupo Municipal Popular pediu que se establecese un maior control na vixilancia das bases das bicicletas de préstamo. Neste ano desapareceron unha ducia delas valoradas en 3.600 euros.

Foto
Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo