-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia que o servizo de grúa municipal podería acabar o ano cun buraco duns 500.000 €

19/09/2008

 
  • Enrique Rozas: "Con este diñeiro poderíanse contratar ata dezaseis bombeiros e solucionar o problema da seguridade en Lugo".
  • O Grupo Popular propón que se renegocien as condicións coa adxudicataria da grúa, que ten a concesión ata o ano 2015.
 

O Grupo Municipal do Partido Popular advirte que de non tomarse medidas urxentes, cando termine este ano 2008 o servizo municipal da grúa poderíalle custar ao Concello preto 500.000 euros (83 millóns de pesetas). Enrique Rozas afirma que con ese diñeiro poderían contratarse ata dezaseis bombeiros.

O concelleiro popular explicou que desde que se adxudicou este servizo, en 2005, ao Concello custoulle máis dun millón de euros. Cada mes pagamos á empresa adjudicataria 43.000 €, (en concepto de gasolina, revisións, desgaste rodas, depósito de vehiculos...).

Enrique Rozas pregunta a Orozco e o seu equipo: " Por que non se deciden a adoptar medidas que poñan coto a este pozo sen fondo?":

  • Preto de 300.000 € en 2006
  • 366.000 € en 2007
  • A tendencia neste 2008 é moito peor, de seguir así pode alcanzar os 500.000 €. O pasado mes de Agosto foi o peor desde a adjudicación da concesión, cun custo de 40.000 €.

De seguir esta tendencia progresiva, e tendo en conta que a concesión da grúa é ata o ano 2015, poderiamos estar falando dun buraco de de preto de catro millóns euros.

Renegociar condicións.-

O Grupo Municipal do Partido Popular xa advertiu, en reiteradas ocasións, que o Concello non poñía freo á sangría económica que supón este servizo para a economía municipal. "Estamos pagando combustible, gasto material e reparaciones dunhas grúas que están aparcadas por orde do Director Xeral da policía que estableceu no Manual de procedemento de organización e funcións básicas da inspección principal de policía (PR-003-PT)".

Foto

Rozas insiste en que, chegados a este punto, o máis sensato sería que o Concello renegocie coa empresa as condicións da adjudicación " axustándose ás necesidades que ten a cidade".

O concelleiro popular puntualizó que este era un bo exemplo de despilfarro: " o noso deber é denunciar esta situación, xa que se está derrochando diñeiro de todos por falta de seguimiento da concesionaria deste servizo".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo