-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular critica que Orozco non impulse debidamente o equipo de traballo acordado polo Pleno a iniciativa do PP e que corrixirá os erros do PXOM

17/09/2008

 
  • Os populares queren saber cantos técnicos traballan no equipo e se a súa disposición é a tempo completo.
  • Castiñeira anunciou que preguntará no Parlamento polo futuro da Ponte de Paradai e a prolongación de Xoán Diego, ambos os proxectos previstos no Plan Paradai do goberno Popular.
 

O Grupo Municipal Popular expresou a súa queixa porque tras quince días pasados desde que o Pleno alcanzou o acordo de constituír un grupo de traballo proposto polo Partido Popular, composto por técnicos e cuxa misión sería corrixir os graves erros do Plan Xeral, os populares carecen de información de como van os traballos. "Unha vez máis, xa estamos fóra de prazo, xa que o acordo falaba de que esa revisión faríase antes do día 15 deste mes".

Jaime Castiñeira quere saber cantos técnicos están traballando, e se están a plena disposición. "Para o Partido Popular o plan xeral é prioritario pero parece que para os socialistas non é un asunto preferente" puntualizou o concelleiro popular.

Castiñeira critica a actitude da nova responsable de urbanismo de seguir os pasos dos anteriores concelleiros "fan todo de face á galería, pero logo non hai un traballo real". Nese sentido o edil popular puxo en cuestión a actitude da señora Novo que asegurou, no debate do pleno, que os técnicos levaban traballando varios días na revisión do documento. "Na súa primeira ocasión de falar ante esta Corporación, faltou á verdade porque empezaron a mirar a documentación xusto despois do Pleno". Castiñeira insiste en que hai tal cantidade de erros no PXOM que teñen traballo para o que queda de mes.

“Se Cultura cumpre os prazos, antes de que finalice setembro tería que estar o informe presentado, e para que as cousas fosen como deben xa tiñan que estar corrixidos os erros para non perder tempo”.

Foto

Paradai.-

Desde o Grupo Popular manifestaron a súa satisfacción de que "por fin" os veciños de Paradai poidan empezar a gozar da planificación que deixou programada para esta zona o Partido Popular.

Jaime Castiñeira non pasou por alto o atraso que sufriron estas obras que se xestaron e asinaron en maio de 1999, gobernando no Concello e na Xunta o Partido Popular. "A estas alturas o desenvolvemento do plan Paradai non chega nin ao 50%". O concelleiro popular criticou o lento ritmo de traballo e recordou a perda de fondos por un boicot que o alcalde protagonizou ao rexeitar, en xullo de 2005, un convenio que lle ofrecía o anterior goberno do PP da Xunta por un importe duns dous millóns de euros máis que o que Orozco asinou posteriormente (febreiro de 2006) con Touriño xa na Xunta. "Orozco non só prexudicou a Lugo por partidismo ao non querer asinar un acordo na época do PP, senón que encima logo rebaixou o grao de esixencia por tratarse dunha administración do mesma cor política".

O popular pide que se aclare porqué esta obra non se executa ao mesmo ritmo que outras planificacións como a de Sanfiz.

Iniciativas.-


Castiñeira anunciou que presentará iniciativas no Parlamento de Galicia para coñecer que pasa coa obra da Ponte Paradai e a prolongación de Xoán Diego, ambos os proxectos estaban previstos na planificación realizada polo goberno do Partido Popular.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo