-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular propón que a Comisión de Benestar Social e Muller sexa un auténtico foro de debate das políticas sociais

16/09/2008

 
  • Sofía López Linares propón que os gastos que superen os 2.500 € sexan debatidos previamente na Comisión.
  • O PP busca así que se debatan as políticas e priorizar os gastos con consenso de todos os grupos.
 

O Grupo Municipal Popular proporá na próxima reunión ordinaria da Comisión de Benestar Social e Muller, que preside a popular Sofía López Linares, que este organismo sexa un auténtico foro de debate das políticas sociais do Concello e énchase de contido.

Os populares propón dúas liñas de actuación. A primeira consiste en que a Concellaría de Servizos Sociais expoña a súa previsión de gastos e actividades antes da elaboración do Orzamento, de forma que todos os membros da comisión poidan realizar achegas e informar, de forma consultiva, de cales son as accións a priorizar.

López Linares puntualizou que "non se trata dunha comisión de control senón de crear un foro consultivo, non vinculante, en que todos os membros poidan achegar e suxerir, un ámbito de debate sobre política social".

Foto

Nun área como a de Servizos Sociais, que supón un importante esforzo económico por parte do Concello, é fundamental que se racionalicen gastos e investimentos para que non se dean situacións como as que tiveron lugar este ano. López Linares puxo como exemplo os 11.000 euros gastados nun "trivial para mulleres" organizado polo Concello. A concelleira popular puntualizou que "con ese diñeiro poderíanse alugar tres pisos de acollida durante un ano, co que cremos que é manifesto que hai un problema á hora de priorizar os gastos".

Discrepancia sobre o concepto de gasto social.-

O Partido Popular discrepa do concepto que o Equipo de Goberno ten de "gasto social". Neste concepto o PSOE inclúe gran cantidade de propaganda, comidas, viaxes... que poden ser prescindibles, ou polo menos reducidos, a favor do que o PP considera auténticos gastos sociais: pisos de acollida, centros de día, prazas de gardería, axuda no fogar...

Déronse casos en Lugo de que unha actividade custe moito menos que a publicidade da mesma, e iso non é de recibo. No último Pleno, o Goberno Local xustificou a propaganda como un suposto esforzo de "informar sobre actividades", pero ese argumento dilúese cando presentan facturas de máis de 5.000 euros para pagar "uns petiscos" dunha actividade.

Subvencións.-

A segunda proposta popular afectaría á política de subvencións. Sofía López Linares considera que debería ser máis transparente, e que a Comisión debería recibir información previa a cada un dos pasos que se dan para outorgalas. Estamos falando dunha partida de case medio millón de euros (492.043 euros), unha cifra importante que xustifica a petición popular.

"É necesario revisar de forma consensuada os baremos empregados para a concesión de subvencións, e cremos que é necesaria unha posta en común das subvencións de cada ano para que se poida debater. É un tema que supón un importante esforzo económico".

Dentro das subvencións de servizos sociais de 2008, as nominativas alcanzan dun montante de 346.543,00 €, as de muller 26.500,00 € e as de programas de cooperación e desenvolvemento divídense en dúas partidas, unha de 19.500 € e outra de 50.500 €.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo