-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular publica unha nova edición municipal do boletín "Lugo Popular"

15/09/2008

 
  • O xoves 18 comeza a repartición polas caixas de correos dos lucenses dos 40.000 exemplares do segundo "Lugo Popular".
 

Esta semana se buzonearán por todo o municipio os 40.000 exemplares da segunda edición municipal do boletín Lugo Popular. O díptico, que inclúe artigos tanto en galego como en castelán, incorpora no seu maquetación a nova imaxe do Partido Popular, tanto nos logotipos como na cor azul corporativo.

Se o primeiro número municipal foi un monográfico do Plan Xeral agora a publicación aborda varios temas de actualidade cunha nova sección de opinión dos concelleiros populares.

Contidos.-

Os populares abren portada cun artigo do portavoz do Grupo Popular onde se fai un chamamento a toda a sociedade para que Lugo non perda máis trens. Joaquín García Díez invita a buscar a unión da cidadanía e a vontade política ao amparo do lema "Lugo tamén existe".

O Plan Xeral, a necesidade de priorizar gastos en tempos de crises, así como un balance das iniciativas realizadas nestes últimos meses polo equipo do PP no Concello de Lugo completan esta edición do boletín.

En contraportada estréase unha nova sección de opinión con artigos dos concelleiros. Neste número Cristina Ares e Alicia Pena falan das achegas realizadas polo Grupo Municipal Popular no ámbito da participación cidadá así como dos principais incidentes do turismo na cidade.

Foto
   

www.ppdelugo.com

Ademais desta publicación o Grupo Popular ofrece información puntual da súa actividade a través da páxina web www.ppdelugo.com.

No tocante ás fontes das visitas feitas á web popular, é rechamante que case o 50% corresponden a tráfico directo, é dicir, ás persoas que teclean na súa navegador de internet a dirección da páxina web (www.ppdelugo.com), mentres que desde buscadores chega un 39,7%, sendo o máis utilizado o universal buscador Google (o 98,6% de tráfico de buscadores chegan desde a páxina de Google).

A web do PP, que o día 21 de setembro cumprirá un ano de vida, estase convertendo nun vehículo informativo de certa entidade para os lucenses, tanto residentes na nosa cidade como para os que están fóra, xa que das cerca 26.000 páxinas vistas neste ano un 41,87% foron desde Lugo, mentres que outras cidades de España representaron unhas altas porcentaxes de visitas, estando á cabeza A Coruña cun 16,28%, seguida de Madrid cun 15,65%, ou Pontevedra cun 11,43%.

Para rematar, destacar que a web do Grupo Municipal Popular tamén recibiu visitas desde 25 países, incluíndo aos Estados Unidos, Irlanda, Italia, Arxentina, China, Suíza, Francia ou Alemaña.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo