| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular aposta por fixar bonificacións e rebaixas de impostos para os sectores máis desfavorecidos pola crise |
15/09/2008 |
|
| |
|
| |
|
O portavoz do Grupo Popular, Joaquín García Díez, explicou que a reunión desta mañá é un paso previo antes de chegar á negociación dos orzamentos municipais, "ten moito que ver unha reunión coa outra: se aquí reducimos ingresos a través de bonificacións e rebaixas de impostos haberá que reducir os gastos para cadrar os orzamentos". |
|
-
Entre as propostas de reducións fiscais que propón os populares de face ao próximo 2009 está a da rebaixa das tarifas anuais do imposto de circulación de vehículos de tracción mecánica. García Díez explicou que a tarifa que se paga en Lugo é das máis elevadas de Galicia. Segundo o estudo realizado a media que pagamos os lucenses propietarios supera en case dez puntos ao que se cobra noutras grandes cidades.
O Partido Popular insiste en que neste momento o Concello debería facer un esforzo para rebaixar esta taxa polo menos aos propietarios de vehículos de actividade comerciais e mercantís.
-
García Díez destacou tamén que por iniciativa do Partido Popular duplicarase en 2009 a bonificación que había en taxas e impostos de licenza de obras e construcións nas que se eliminen barreiras arquitectónicas, tanto en casas como en locais comerciais para facilitar así o acceso de minusválidos (modificar portas de vivendas, accesos a baños). Do 25% que hai na actualidade duplicarase, por iniciativa do PP, ata o 50%.
-
Outro punto no que se insiste desde as filas populares é na proposta de ampliar ata o 50% a bonificación do I.A.E., para aquelas empresas que se instalen en Lugo e que se apliquen bonificacións para as que aumenten o seu persoal con contratos indefinidos con arranxo a un baremo a determinar.
-
Quedou sobre a mesa a proposta de Bonificacións do I.B.I. para familias numerosas cando se trata da súa vivenda habitual (se o valor catastral é igual ou inferior a 60.000 euros) acordándose revisar o actual baremo do Concello.
-
Para rematar os populares reclamaron que desapareza o cobro por consumo mínimo do recibo de auga "hai que conseguir que se pague polo consumo real. O PP libra desde fai anos esta batalla co goberno local e agarda que por fin este ano se produza esa boa noticia para os lucenses".
|
|