-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide explicacións polo atraso na posta en marcha do Banco do Tempo

14/09/2008

 
  • Logo de dous anos desde a firma do protocolo coa Xunta o servizo segue "en fase de creación".
  • Sofía López Linares reclama que se active canto antes este programa de conciliación da vida familiar e laboral.
 

O Grupo Municipal Popular acaba de presentar unha batería de preguntas para aclarar en que situación está o programa do Banco do Tempo de Lugo que o Concello prometeu pór en marcha fai nada menos que dous anos. A concelleira popular, Sofía López, critica "a política de xestos" do equipo de Orozco que, en decembro de 2006, asinou un protocolo coa Xunta no que se comprometía a xestionar este servizo, así como a crear un rexistro dos datos das persoas que interesadas en participar en devandito programa.

A concelleira popular recriminou aos socialistas que durante este tempo nin tan sequera sexan capaces de publicitar as vantaxes deste programa de axuda á conciliación familiar e laboral. O banco do tempo consiste nun intercambio de tempo libre que unha persoa pon a disposición dos demais. A persoa que recibe un servizo terá que devolver con outro traballo o tempo consumido.

A Sofía López chámalle a atención "que logo de emitir un informe favorable e un decreto de fomento e contratación aprobando o texto de colaboración, o banco do tempo de Lugo non exista".

Foto
   

Preguntas.-

Ante esta situación, a concelleira popular pide ao Concello que aclaren que pasos deu desde que se asinou, en decembro de 2006, o protocolo de colaboración coa Xunta. A concelleira popular tamén pregunta cal foi o importe que a Consellería de Traballo transferiu para a posta en marcha das accións deste servizo e se se recolleron datos de persoas para crear un rexistro de voluntarios que estean interesados en participar neste programa.

Ademais desta batería de preguntas para a súa contestación por escrito a concelleira popular pedirá explicacións da responsable de área no seo da Comisión Permanente Común de Benestar Social.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo