-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama ao Concello o fomento de accións de voluntariado a nivel local

10/09/2008

 
  • Sofía López Linares critica a descoordinación que hai nas dependencias municipais á hora de canalizar as peticións de particulares.
  • A concelleira popular denuncia que o Concello non ten ningún programa real de voluntariado, "e que nin tan sequera funciona o enlace ao seu suposto programa virtual".
 

A concelleira do Grupo Municipal Popular, Sofía López Linares, critica á descoordinación do Concello á hora de canalizar as peticións de voluntariado. "Non se presta asesoramento técnico, nin se coordinan accións de voluntariado no ámbito municipal".

Sofía López Linares considera "impresentable" que un goberno supostamente progresista que presume de defender aos máis necesitados "deixe de lado, dunha forma tan escandalosa, o fomento de accións de voluntariado".

A concelleira popular afirma que a colaboración activa dos socialistas é só de face á galería. Como exemplos do desinterese do equipo de Orozco á hora de fomentar accións de voluntariado citou varios:

  1. Orozco desmantela no ano 2002 a oficina de voluntariado do Uxio Novoneyra.
  2. Lugo leva catro anos esperando polo regulamento de voluntariado social (desde xaneiro de 2004).
  3. Orozco gardou nun caixón o programa do "banco do tempo". En 2006 Concello e Consellería de Traballo asinaron un protocolo de colaboración para a posta en marcha deste programa. Non hai nada.

A odisea do voluntario.-

A concelleira popular explicou a odisea dos voluntarios que acoden ao Concello para prestar a súa colaboración. "A calquera veciño da cidade, interesado en ser voluntario, quítanselle as ganas de participar xa que se acode a pedir información ao Concello de Lugo maréano, e remíteno dunhas dependencias a outras, para ao final remitilos a outras administracións que xestionan programas de voluntariado".

Foto

Se o voluntario chama ao 010 remíteno ao departamento de Servizos Sociais; desde alí envíano ás dependencias de participación cidadá onde informan que o Concello de Lugo non ten ningún programa de voluntariado, e, sen tomar nota dos datos do interesado, aconséllanlle que chame ás dúas entidades máis activas que funcionan en Lugo co voluntariado.

No caso de pedir asesoramento directamente no Uxío Novoneyra remiten ao voluntario á terceira planta, no departamento de mocidade onde nada saben sobre programas de voluntariado.

"E que non nos digan que se pode facer unha consulta virtual a través da páxina web xa que o enlace que existe coa suposta oficina de voluntario non funciona. Ao enviar a oferta na pantalla aparece unha mensaxe do navegador en que se di que a páxina non existe."

Proposta.-

Á vista da ineficacia coa que se traballa cos voluntarios no Concello de Lugo, Sofía López Linares propón que se poña en marcha un programa de voluntariado, cun protocolo de actuación e obxectivos claros que canalice e asesore ás persoas interesadas en participar en labores de voluntariado, así como dispor dun rexistro do número e nome das persoas que queiran participar en devanditos programas.

Esta é unha vella demanda do Partido Popular que en 2006 levou a pleno unha moción pedindo á creación da oficina de voluntariado. A iniciativa non prosperou polo voto en contra do PSOE.

   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo