-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular propón ao Concello que deseñe coas operadoras un plan para lograr o 100% de cobertura na zona rural

09/09/2008

 
  • Manuel López denuncia que a semana pasada nunha leira propiedade dun pedáneo do PSOE no Burgo montouse, sen permiso, unha torreta.
 

O Grupo Municipal Popular reclama ao equipo de goberno que acelere os trámites para precintar unha antena de telefonía móbil situada na parroquia do Burgo.

O concelleiro popular, Manuel López, pregúntase se a contundencia que anunciou a nova responsable de urbanismo para estes casos no pasado pleno foi simplemente un xesto de face á galería: "o Partido Popular denunciou o pasado mes maio que se estaba colocando, sen permiso, na parroquia do Burgo unha antena de telefonía móbil".

A semana pasada montábase o equipo electrógeno e toda a instalación da torreta, quedando preparada para entrar en funcionamento. Á vista de que o Concello "ou non se decatan, ou non se queren decatar, a pesar de que a instalación está na leira dun dos seus pedáneos", os populares reclaman que se actúe de inmediato para evitar que se poña en marcha. "Nin se molestaron en facer un seguimento desta instalación a pesar de existir unha denuncia pública".

Proposta.-

O Grupo Popular propón que para evitar "a preocupación dos veciños" o Concello debería sentar coas operadoras para deseñar un plan para colocar as antenas de telefonía móbil e, deste xeito, conseguir que a cobertura sexa do 100%.

Foto
   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo