-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular esixe que a Comisión de Tráfico debata tamén os excesos de velocidade na Rolda da Muralla

02/09/2008

 
  • O pasado 10 de xuño os populares rexistraron un escrito urxente para convocar esta comisión.
  • Enrique Rozas criticou a dobre cara dos nacionalistas, que non teñen reparo en facer unha mala copia de propostas sobre seguridade viaria que o PP defende desde hai anos.
 

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular mostran a súa satisfacción pola convocatoria da comisión de tráfico para o próximo día 25.

O concelleiro popular, Enrique Rozas, recorda que foi o Partido Popular quen solicitou o pasado 10 de xuño unha petición para que se reunise esta comisión co ánimo de estudar as medidas encamiñadas a frear os accidentes, consecuencia de exceso de velocidade, tanto na rolda da muralla como noutras zonas da cidade.

En devandita comisión de tráfico o Partido Popular tamén presentará todas as medidas que o seu grupo propuxo, ao longo destes últimos anos, relacionadas coa seguridade viaria nos pasos de peóns así como a relación de puntos negros que seguen sen solucionarse.

Enrique Rozas criticou a dobre cara do portavoz nacionalista "quéixase constantemente de que se copian as súas ideas, cando a realidade é ben distinta: fai malas copias de propostas nas que o Partido Popular leva traballando moitos anos".

Iniciativas.-

O Grupo Popular, en agosto de 2007, solicitou mediante un rogo, a convocatoria dunha comisión para dar solución aos puntos negros da cidade en materia de tráfico e seguridade viaria. A proposta foi o xerme da actual comisión de tráfico.

Foto
   

Nestes momentos sobre a mesa da Comisión de Seguridade Viaria do Congreso hai unha proposta do portavoz do Grupo Municipal Popular e Deputado por Lugo, Joaquín García Díez, onde se pide que se cambie o actual regulamento relativo á sinalización dos pasos de peóns para dar máis flexibilidade aos Concellos para identificar estes.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo