O Grupo Municipal do Partido Popular rexistrou esta mañá unha pregunta pedindo explicacións ao equipo de Orozco sobre como se van a tramitar as suxestións que as asociacións veciñais e os particulares presenten de face á elaboración dos próximos orzamentos.
No documento escrito que lle reclama o Partido Popular debería figura tanto a data da celebración do debate cidadán para priorizar propostas, e en que medida as opinións vertidas pola cidadanía serán determinantes á hora de definir unha porcentaxe dos gastos do capítulo VIN (Investimentos Reais) do orzamento de 2009.
"A día de hoxe estamos case seguros de que Orozco e o seu equipo apoiaron, en xuño por obrigación e non por devoción a iniciativa popular sobre orzamentos participativos, crendo que logo serían capaces de descafeinarla". Ares di que "o goberno municipal ten que saber canto antes que o Grupo Municipal Popular non será cómplice de ningún engano á cidadanía" e anuncia que, "máxime cando a iniciativa sobre orzamentos participativos foi impulsada polo Partido Popular, permanecerán alerta para que se dea cumprimento ao acordo plenario sobre a implementación duns verdadeiros orzamentos participativos no Concello de Lugo".
|
Regulamento de participación cidadá.-
A continuación, reprodúcense algúns artigos que o PP non cre adecuados, da proposta do PSOE para o novo Regulamento de Participación cidadá, e a explicación do porqué desta valoración.
ARTIGO 67.- Ao final do primeiro semestre de cada ano, o Goberno municipal solicitará dos órganos de participación cidadá propostas referentes ao capítulo de investimento, para a elaboración do proxecto de orzamentos.
Unha vez elaborados os orzamentos municipais celebrarase unha xunta entre o goberno municipal e os órganos de participación cidadá para dar conta da resolución adoptada.
Explicación: Solicítase unha serie de propostas e logo se "dará conta da resolución adoptada", polo que as propostas non serán vinculantes. Iso reduce o papel da participación cidadá a meras suxestións, cando a proposta popular recolle que unha parte do orzamento estea vinculada ás súas demandas.
ARTIGO 49.- Consellos de Distrito.
Os Consellos de Distrito son órganos colexiados coa seguinte composición:
Un presidente.
Un vicepresidente, que será un dos membros do consello que non pertenza á Corporación, e que terá como función a de colaborar co Presidente.
5 representantes a proposta dos Grupos políticos do Concello, proporcionalmente á súa representación no Pleno do Concello.
10 representantes das asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo que teñan a súa sede situada no ámbito territorial do distrito, dos que catro serán propostos polos órganos sectoriais que teñan as asociacións presentes nese ámbito territorial, e dous a proposta de cada agrupación de asociacións: Federación de Asociacións de Vecinos "Lucus Augusti" do Concello de Lugo, UNAVE e independentes.
5 persoas de especial relevancia e representación do ámbito territorial propostas pola alcaldía.
10 persoas elixidas aleatoriamente do censo electoral do distrito que manifesten o seu consentimento para ser membro do Consello de Distrito.
En cada distrito existirá unha secretaría que será exercida por un funcionario do Concello de Lugo designado polo Alcalde.
Os concelleiros do Grupo do Goberno, segundo os asuntos a tratar, poderán asistir ás súas sesións con voz pero sen voto. Os Grupos Municipais asistirán mediante un concelleiro de cada grupo, con voz e voto, que será ponderado.
Explicación: É rechamante que este artigo propoña unha estrutura dos Consellos de Distrito presidencialista e irrespetuosa coa liberdade de elección dos seus representantes por parte do movemento veciñais. Tampouco se comprende que un regulamento, que ten vocación de continuidade no futuro, recolla os nomes das agrupacións de asociacións "con nome e apelidos". Se o día de mañá xorde unha nova agrupación habería que modificar o regulamento para darlle cabida, o cal non é lóxico.
Non é de recibo que só os concelleiros do grupo de goberno poidan asistir ás reunións, xa que todos os concelleiros, tanto do goberno como da oposición, teñen a mesma lexitimidade como representantes dos lucenses, e dado que a súa presenza non implica variar as maiorías (non terían voto) non se comprende que poidan ir ás reunións os 12 concelleiros do PSOE pero só un do PP ou do BNG
|