Os veciños de Rúa dás Fontes e Manuel María protestan polo lamentable estado que presenta un solar de titularidade municipal. Os cidadáns teñen que soportar a presenza de lixos, zarzas, o aparcadoiro improvisado de vehículos estacionados de calquera xeito, pintadas, guindastres en desuso...
A concelleira Teresa Taboada cre que é grave que "o Concello dea este tipo de exemplo e logo pida aos veciños que coiden os seus solares". É rechamante que en xuño de 2007 o concelleiro Liño González Dopeso anunciase que se ía "intensificar o control para conseguir que os propietarios de leiras mantivésenas limpas".