Alicia Peña lamenta que Lugo sexa a única cidade da provincia que restrinxe, nos meses de verán, este servizo: "é incomprensible que as instalacións estean pechadas nunha época na que a demanda é similar ou superior a que hai durante o ano, xa que hai moitas persoas que demandan este espazo para preparar oposicións, as convocatorias de setembro ou para utilizar o servizo de préstamo".