-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular presenta un rogo para a creación do Consello da Mocidade

25/08/2008

 
  • "Neste espazo terán participación as asociacións xuvenís, ademais dos representantes xuvenís das organizacións políticas".
 

O Grupo Municipal Popular solicita que se constitúa o Consello da Mocidade de Lugo. Cristina Ares anunciou que para o próximo pleno preséntase un rogo para que se cre este consello sectorial en base ao Regulamento de Participación cidadá.

Foto

Este organismo daría participación a representantes das asociacións xuvenís lucences e das organizacións xuvenís dos partidos políticos. "Trátase dun espazo de encontro entre o Concello e o tecido asociativo xuvenil municipal que promovería o intercambio de ideas sobre temas locais como emprego, saúde pública, medio ambiente, cultura...". Neste foro "analizaríanse as necesidades e demandas deste segmento de poboación, proporíanse acordos entre administracións públicas que incidan positivamente na cidade ademais promocionaríase o asociacionismo xuvenil, entre outros fins".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo